GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Fotografías da emigración de Galicia a América

(02/08/2010)

Fotografías da emigración de Galicia a América
Escrito o 31 Jul, 2010 ás 6:00 en Actualidade


Fotos de Alberto Martí
O poeta Manoel Antonio (Rianxo 1900-1930) escribiu no seu poemario De catro a catro: "Fomos quedando sós/ o mar o barco e máis nós."   Estes versos, vangardistas e rebeldes para as primeiras décadas do século pasado, representan un estraño hiato: un home intelectual, de saúde fráxil e empeñado en atoparse cos grandes acontecementos da centuria que acaba abacelado na cuberta dun pailebote, contemplando a noite, ao mar e os seus compañeiros, condenados ao traballo devastador.

Estas situacións non cabían en ripios endecasílabos: só podían facerse novos versos e aplicar as novas tecnoloxías para dar testemuño ao gran fenómeno que marcou "e marca"a Galicia. A fotografía é unha das ferramentas craves que proporcionan a realidade da emigración e o seu momento máis dramático: o embarque.

Os portos das grandes cidades convertíanse no escenario da separación, do medo, a incerteza. Columnas de homes e mulleres novas chorando, nenos e anciáns sobrecollidos. A maioría sen máis mundo que o da súa comarca, atópanse de súpeto abertos ao abismo atlántico. Nada é como imaxinaran, e entre o paraíso das Américas e a súa casa da aldea a súa identidade mórrese, tragada polo océano que moitos acaban de ver por primeira vez. Sen remedio nin volta atrás.

Os fotógrafos que retrataron estes momentos gañaron popularidade e o seu traballo agora é parte da historia galega. Alberto Martí (A Coruña, 1922) é un deses fotógrafos. Durante o seu traballo como reporteiro gráfico de La Voz de Galicia retratou os rostros da segunda emigración masiva a América, ocorrida entre 1957 e 1963.

Agora 73 fotografías en branco e negro que Martí realizou como fotoperiodista compón a exposición Os adeuses, que ocupan desde onte as paredes da Fundación Barrié da Maza na Coruña. A mostra recolle eses retratos feitos nos portos da Coruña e Vigo, e permanecerá aberto ata o 5 de setembro.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Marzo 2024
LMMeXVSD
    123
45678910
11121314151617
18192021222324
25262728293031
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas