GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

«Non se pode entender a historia de Galicia sen a emigración»

(02/08/2010)

«Non se pode entender a historia de Galicia sen a emigración»

Data
1/8/2010

Durante os últimos días Carlos tivo a posibilidade de estar coa súa familia de Vimianzo e de Cee, visitar toda a Costa da Morte e ata descubrir as marabillas de cerámica do artesán Nacho Porto. Nos próximos días gozará dun periplo por España cunha persoa moi querida, ademais de visitar á súa familia de Roma. Volverá xusto a tempo para celebrar o quinto Día dá Galicia Exterior que se celebrará en Santiago de Compostela o próximo 13 de agosto. Unha intensa visita que, seguro, non esquecerá.

-¿Como se ve Galicia desde Buenos Aires?

-Galicia séguese sentindo, os fillos e netos continuamos mantendo vivo o vínculo que nos une. Desde a distancia é moi difícil entendelo, o que diminuíu é a relación que había entre os dous pobos. A emigración é xa moi afastada, a xente non o ten tan próximo e non pode saber o que representou na historia. Non se pode entender a historia de Galicia sen a emigración. Un pobo que esquece e non ten memoria está condenado a tropezar coa mesma pedra.

-¿Como sentiu a súa acollida en terras galegas durante estes días?

-Depende da persoa, sei que é unha resposta moi galega pero é así. Vingo coa única pretensión de reencontrarme co pobo onde naceron os meus pais, buscando un pedazo de afecto. é a historia individual de cada un a que decide todo.

Lévome o mellor de aquí, en cada paso que camiño lévome a vida. Non me podo queixar, en Muxía, en Camariñas ou en Zas portáronse moi ben, e por parte do Presidente da Deputación da Coruña recibín un trato marabilloso. Sempre hai de todo pero eu quédome cunha valoración moi positiva.

-¿Que destacaría da súa experiencia no cargo de deputado?

-Como deputado da Cidade de Buenos Aires tiven a oportunidade de realizar en xuño do ano 2005 o proxecto de lei que establece o 25 de xullo como «Día da Galeguidade» e declara de interese cultural o Camiño de Santiago en Buenos Aires. Unha iniciativa que consolida o vínculo histórico que nos une. Tamén quixese destacar en todo este labor de integración a Perfecto López de Vimianzo, un emigrante que permitiu xestionar as propiedades da asociación, ademais do labor a favor do galeguismo de Ramón Piñeiro.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Marzo 2024
LMMeXVSD
    123
45678910
11121314151617
18192021222324
25262728293031
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas