GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Emigrantes galegos en Cataluña e Arxentina estreitarán lazos nunha convención en Vedra

(29/07/2010)

Emigrantes galegos en Cataluña e Arxentina estreitarán lazos nunha convención en Vedra

Localidade:
santiago/a voz.
Data
29/7/2010

A Federación de Entidades Culturais Galegas de Catalunya (Fegalcat) decidiu celebrar o seu encontro anual en Compostela para gozar do ambiente do Xacobeo. Entre o 11 e o 12 de agosto, un nutrido grupo de emigrantes galegos en Cataluña e outro de desprazados a Arxentina estreitarán lazos nunha reunión na que está previsto realizar unha homenaxe á cantante Ana Kiro.

O 11 de agosto, haberá unha misa en honra ao Apóstolo na catedral que se celebrará ás 18 horas. Despois, os máis novas están convocados a participar na festa do San Campio de Vedra, que terá lugar no campo da festa de San Miguel de Sarandón.

A xornada do 12 de agosto estará dedicada á emigración. O Concello de Vedra e a Fegalcat inaugurarán sendas exposicións dedicadas a aquelas persoas que abandonaron Galicia en busca dun futuro mellor. A mostra do Concello está dedicada aos que emigraron a Arxentina, mentres que a Fegalcat dará a coñecer á comunidade galega en Cataluña.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Marzo 2024
LMMeXVSD
    123
45678910
11121314151617
18192021222324
25262728293031
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas