GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Avión e Beariz, terra de músicos e emigrantes

(29/07/2010)

Avión e Beariz, terra de músicos e emigrantes

José Janeiro Balboa


Tomando a estrada de Hermida-Ribadavia, desde a N.541, a escasos quilómetros, levántanse os pobos de Beariz e Avión, cunha imaxe moderna froito da emigración dan a estes lugares e a súa contorna de aldeas diseminadas polas saias das montañas, unha imaxe chea de vida e colorido, onde a bonanza salta á vista do transeúnte como algo inimaxinable no século pasado.
Avión, outrora un lugar agrícola e gandeiro, con xentes emprendedoras e traballadoras, sempre veu marcando unha pauta diferente a outros lugares da contorna. Este municipio situado ás beiras do río Avia, ao abrigo da serra do Suido, co encoro de Albarellos aos seus pés, contou desde sempre cunha multitude de afeccionados á música, de tal forma que unha agrupación musical con máis de medio centenar de músicos compuxeron a famosa banda de Avión, cun repertorio de obras, que esparcieron ao longo e ancho de toda a rexión. Profesores como don Jaime, como así se lle coñecía, Avelino ou Perechón, souberon facer calar nos mozos das aldeas do termo unha afección musical que se transmitiu de pais a fillos, durante varios anos, traducida nun complemento de sustento de varios fogares, cuxa vocación, compartían co exercicio de distintos oficios e explotacións agrícolas, familiares.
Pero así como a música, formou parte dos costumes dalgunhas aldeas, noutras apenas tivo calado a vella tradición musical, así como outros costumes que puidesen herdarse como algo significativo dunha época, a non ser que falemos das pandereteiras de Liñares ou Baíste, cuxas "ruadas" eran populares en toda a zona, contando con extraordinaria concorrencia de mozas da comarca os fins de semana.
É Amiudal o que marca a liña divisoria desta afección, contando con famosos trompetistas como Gumersindo, quen ao emigrar a Méjico, estableceuse cun pequeno poboado, formando unha agrupación musical cos mozos, o que lle permitiu granjearse a simpatía de todas as xentes, que logo lle apoiaron na súa actividade comercial. Penetrámonos no municipio de Beariz, en cuxo termo, un pequeno grupo de afeccionados deron a nota, da gaita, con solistas como Senén, O Faísca e Os Xaneiros, este conxunto familiar de Magros. Todos eles cunha afección importada de Avión, ou de Feás, berce tamén de músicos como Benigno, un trompetista que durante varios anos actuou no circo Feijóo e salas de festas.
Benito, zapateiro e acordeonista que pola súa gran afección musical, conseguiu abrir ao público de Beariz o primeiro salón de baile da historia do pobo na década dos anos corenta. O salón Club, en cuxo palco actuaba algunha vez un novo comandante do posto da garda civil, gran afeccionado á música tocando o jazz. "Anécdotas dun pasado".
Agora ben tanto esta afección, como outras de índole similar, deixaron de ter continuidade, tanto en avión como en Beariz, tendo en conta que a síndrome da emigración, fixo cambiar a cultura e costumes dos pobos empezando a causar madeixa nestas xentes, que preferiron seguir os camiños do mar, para instalarse alén do Atlántico, trastornando a música pola actividade empresarial ou comercial, o que propiciou que unha afección tan arraigada en avión, perda a súa continuidade en xeracións sucesivas. Que soe a banda.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas