GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

A poboación da UE supera os 500 millóns pola inmigración

(28/07/2010)

A poboación da UE supera os 500 millóns pola inmigración
La población de la UE supera los 500 millones por la inmigración

Pé de foto: A poboación da UE supera os 500 millóns pola inmigración (reuters_tickers)

BRUXELAS (Reuters) - A poboación da Unión Europea superou os 500 millóns a principios deste ano, e a inmigración supuxo a maioría dese aumento en 2009, segundo estimacións feitas públicas o martes.

A axencia europea de estatísticas Eurostat dixo que a UE gañou 1,4 millóns de residentes en 2009, incrementando a poboación do bloque de 27 países de 499,7 millóns a 501,1 millóns.

O 63 por cento do incremento - case 900.000 persoas - debeuse a migración neta, que ten en conta chegadas e saídas, mentres que o resto debeuse a nacementos.

As cifras reforzan o papel crecente dos inmigrantes na UE, cuxa poboación envellece cada vez máis. Para 2030, máis dunha cuarta parte dos habitantes do bloque terá máis de 65 anos, segundo augurou a Oficina de Referencia da Poboación con sede en Wáshington.

Italia rexistrou o maior número total de inmigrantes que calquera outro país da UE, con 318.000, mentres que Reino Unido foi o segundo con 182.000.

En xeral, a poboación creceu en 19 países da UE, entre eles España, e baixou en oito, cos niveis máis altos de crecemento en Luxemburgo, Suecia, Eslovenia e Bélxica. Lituania, Letonia e Bulgaria viviron as maiores reducións en poboación en xeral.

Con respecto a 2008, a taxa de migración neta caeu significativamente desde 2,9 por cada 1.000 persoas a 1,7 por 1.000.

O crecemento natural da poboación tamén caeu lixeiramente, de 1,2 a 1 por cada 1.000 persoas.

Turcos e marroquís lideraron a lista de novos cidadáns da UE en 2008, segundo datos de Eurostat feitos públicos o 6 de xullo.

A UE segue sendo un destino popular para os emigrantes e moitos deles, sobre todo de Turquía, norte de África e Latinoamérica, queren quedar o suficiente para converterse en cidadáns do bloque.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas