GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Morre en Bos Aires a locutora da emigración Maruxa Boga

(28/07/2010)

Morre en Bos Aires a locutora da emigración Maruxa Boga

JOSÉ LUÍS ESTÉVEZ - Bos Aires - 28/07/2010

A locutora e actriz Maruxa Boga morreu o pasado luns en Bos Aires, cidade na que residiu toda a súa vida, aos 95 anos. Era filla dun matrimonio de emigrantes galegos de Lestrove (A Coruña) e a súa voz aínda é un referente para moitos emigrantes galegos: durante case 40 anos dirixiu o programa radiofónico Recordando Galicia na coñecida emisora arxentina Radio Rivadavia ata 1984.

Por alí pasaron innumerables artistas, políticos e escritores exiliados tras o golpe franquista. Entre as voces que se escoitaron no programa atópanse as de Castelao, Manuel Colmeiro, Eduardo Branco Amor ou Suárez Picallo. Boga compartía a dirección do programa co seu marido, Alfredo Arosteguí, e durante os primeiros anos tamén participaba o actor Manuel Tacholas.

Precisamente xunto a Tacholas Maruxa Boga fundou en 1941 unha compañía teatral que ocupa lugar de honra no teatro galego, xa que se converteu nunha referencia imprescindible para os emigrantes no país austral. Boga tiña unha forte vinculación coa causa republicana e presumía da súa condición de filla de galegos. O propio Castelao chegou a encargarlles a representación de Os vellos non deben de namorarse.

O seu compromiso político e a súa identificación con Galicia mantivéronse ata os anos finais da súa vida. Unha das súas últimas actividades públicas foi a participación na homenaxe a Castelao en Bos Aires o pasado xaneiro, con motivo dos 60 anos do seu falecemento.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas