GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Axudas a concellos, mancomunidades e consorcios locais para a realización de Programas e acollida e integración de retornados e inmigrantes extracomunitarios.

(23/07/2010)

Axudas a concellos, mancomunidades e consorcios locais para a realización de Programas e acollida e integración de retornados e inmigrantes extracomunitarios.

A Secretaría Xeral da Emigración convoca axudas dirixidas ás entidades locais da Comunidade Autónoma Galega que desenvolvan programas que favorezan a integración e plena integración social de poboación retornada e inmigrantes extracomunitarios, así como o seu reforzo educativo.

 


Beneficiarios:
-Concellos
-Mancomunidades de Concellos e
-Consorcios Locais que desenvolvan a súa actividade na Comunidade Autónoma de Galicia.

Prazo de Presentación:
Ata o luns 23 de agosto de 2010

Presentación das solicitudes:
As solicitudes de subvencións xunto co resto da documentación dirixiranse á Secretaría Xeral da Emigración (rúa Basquiños 2, 15704 Santiago de Compostela, A Coruña), e presentaranse por calquera das formas previstas no artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificado pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.

Obxecto e finalidade das Axudas:
Concesión de axudas a entidades locais da Comunidade Autónoma Galega para o desenvolvemento de actividades e accións que  favorezan a acollida e a plena integración social das persoas retornadas e inmigrantes extracomunitarias en Galicia, así como ao seu reforzo educativo.
-No eixe de acollida os colectivos aos que vai dirixido atópanse en especial situación de vulnerabilidade, xa que se inclúen o aloxamento e a manutención (pisos de acollida).
-No eixe de educación accións de reforzo e compensación educativa para o alumnado inmigrante extracomunitario e retornado en Galicia mediante axudas no ámbito escolar a través de bolsas de comedor, transporte e material escolar.
-No eixe de emprego inclúense accións que permitan paliar as dificultades derivadas da incorporación ao mercado de traballo da poboación inmigrante extracomunitaria e retornada e mellorar a convivencia entre as responsabilidades laborais e o desenvolvemento da vida persoal e privada.
-No eixe de vivenda, realizaranse accións co fin de facilitar o acceso a vivenda da poboación inmigrante e retornada e ademais apoiaranse programas de inserción de familias inmigrantes extracomunitarias en contornos con escasa poboación.
-No eixe de infancia e xuventude fomentarase a participación social con programas de voluntariado e proxectos que faciliten a convivencia intercultural entre os nenos e os mozos.
-No eixe de muller desenvolveranse accións que faciliten a integración social das mulleres inmigrantes extracomunitarias e retornadas que se atopen en situacións de especial vulnerabilidade, especialmente aquelas que sexan vítimas de violencia de xénero, mulleres prostituídas e vítimas da trata de persoas con fins de explotación sexual.

Orzamento:
Setecentos mil euros (700.000 €) coa seguinte distribución por eixes:
-Eixe de acollida: 250.000 euros
-Eixe de educación: 150.000 euros
-Eixe de emprego: 75.000 euros
-Eixe de vivenda: 50.000 euros
-Eixe de infancia e xuventude: 50.000 euros
-Eixe de muller: 125.000 euros

Convocatoria no DOG:
Resolución do 16 de xullo de 2010, da Secretaría Xeral da Emigración, pola que se regula a concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, de subvencións a concellos, mancomunidades de concellos e consorcios locais para a realización de programas destinados a favorecer os procesos de acollida e integración da poboación retornada e inmigrante extracomunitaria na Comunidade Autónoma galega, e se procede á súa convocatoria para o ano 2010.

Documentación adxunta:
Convocatoria e Anexos cos Modelos de Solicitude.


 

Adxunto Tamaño
Convocatoria_DOG.pdf 219.49 KB
Formularios_Solicitude.pdf 362.1 KB

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Marzo 2024
LMMeXVSD
    123
45678910
11121314151617
18192021222324
25262728293031
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas