GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Galicia suma 296 afiliados estranxeiros á Seguridade Social no mes de xuño e alcanza os 39.913

(23/07/2010)

Galicia suma 296 afiliados estranxeiros á Seguridade Social no mes de xuño e alcanza os 39.913

Pese ao incremento mensual, a comunidade perdeu en xuño un 1,66 % de afiliados estranxeiros respecto ao mesmo mes de 2009

EUROPA PRESS. 22.07.2010
A Comunidade galega alcanzou no mes de xuño os 39.913 afiliados estranxeiros á Seguridade Social, o que supón 296 persoas máis que o mes anterior, pero representa un decrecimiento interanual do 1,66 por cento, segundo os datos difundidos polo Ministerio de Traballo e Inmigración.
Galicia suma 296 afiliados extranjeros a la Seguridad Social en el mes de junio y alcanza los 39.913

 
Do total de inmigrantes afiliados en Galicia ao finalizar xuño, 23.625 pertencían a países extracomunitarios, fronte a 16.288 cotizantes provenientes de países da Unión Europea.

A gran maioría de estranxeiros que cotizan na Comunidade galega fano a través do réxime xeral (27.628), mentres que 4.819 estan como autónomos e 4.343 como empregados do fogar. Outros 1.709 están de alta como traballadores do mar e 1.414 no réxime agrario.

A provincia de Pontevedra continúa como a que conta cunha maior presenza de afiliados estranxeiros, con 15.074 persoas; seguida da da Coruña, con 14.146; a de Lugo, con 5.943; e finalmente, na de Ourense están rexistrados 4.751 traballadores.

No conxunto estatal a afiliación media de traballadores estranxeiros situouse ao finalizar xuño en 1.899.660 ocupados, tras gañar no mes un total de 16.122 cotizantes, o que supón o quinto aumento mensual consecutivo tras o de febreiro, marzo, abril e maio.

Por comunidades

Galicia está entre as comunidades con menor presenza de inmigrantes en alta á Seguridade Social ao finalizar xuño, posto que o colectivo de estranxeiros só teñen unha menor presenza en Navarra, con 26.603; Estremadura, con 16.179; Asturias, con 16.126; A Rioxa, con 15.491; Cantabria, con 12.712, e as cidades autónomas de Melilla, con 3.959, e Ceuta, con 2.586.

Por contra, Cataluña e Madrid concentraron catro de cada dez estranxeiros afiliados á Seguridade Social en xuño, ao sumar entre ambas o 43,46 por cento do total de inmigrantes ocupados. En concreto, Cataluña contaba con 425.142 estranxeiros cotizantes, mentres que en Madrid a cifra era de 400.358.

Tras estas dúas rexións situáronse Andalucía, con 227.316 afiliados estranxeiros; Comunidade Valenciana, con 200.171 ocupados; Murcia, con 88.753; Baleares, con 85.112; Canarias, con 78.783; Castela-A Mancha, con 78.605; Aragón, con 66.520; Castela e León, con 62.378, e País Vasco, con 52.954.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas