GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

FINALIZOU O 1ER CONGRESO EUROPEO . A APG participou activamente deste I Congreso.

(12/07/2010)

FINALIZOU O 1ER CONGRESO EUROPEO . A APG participou activamente deste I Congreso.
Madrid

A cidade de Madrid acolleu durante os días 25, 26 e 27 de Xuño o I Congreso Europeo da Inmigración Peruana, organizado pola Federación de Asociacións de Peruanos (FEDAP), coa o apoio da Comunidade de Madrid.


Ao encontro acudiron diversas autoridades como o Embaixador do Perú en España, o Cónsul Xeral do Perú en Madrid, o Vice conselleiro de Inmigración e Cooperación da Comunidade de Madrid, así como a Subdirectora de Relacións Institucionais da Dirección de Integración dos Inmigrantes do Ministerio de Traballo e Inmigración. Este congreso reuniu inmigrantes peruanos que viñeron desde o interior do país como Asturias, Comunidade Valenciana, Illas Canarias, Galicia,( presidenta da APG Martha Arteaga Selectos e Medalit Carrión Herrera como peruana residente en Galicia) Navarra; Cataluña; Illas Baleares, Castela A Mancha, Castela e León; así mesmo de diversos países como Italia, Alemaña, Bélxica, Francia, México, Estados Unidos, Canadá e Suíza.
Foron preto de 70 asociacións acreditadas e 200 delegados asistentes ao congreso, así como profesionais e investigadores do ámbito da inmigración.

Houbo 5 comisións de traballo, así como, relatorios de investigadores peruanos quen deron os seus achegues das súas investigacións levadas a cabo durante anos. Debatéronse temas sobre cuestións sociais da inmigración como muller e familia, violencia de xénero, relixión, segunda xeración, educación, servizos consulares. A dimensión xurídica e política, Cultura integración e asociacionismo. Dimensión económica da inmigración e finalmente os medios de comunicación, imaxe pública e seguridade cidadá. Os participantes fortaleceron os seus relatorios cos debates e achegues que fixeron chegar á mesa de traballo da FEDAP. "Xustamente a idea era esa de debater e expor alternativas de solución acerca da problemática da inmigración peruana en Europa" dixo Manuel Pinto Presidente da Federación. Así mesmo sinalou que proximamente fará chegar as conclusións a través dunha publicación ás autoridades tanto peruanas como españolas, co fin de dar a coñecer a problemática da inmigración e a súa posible solución.
"Cumpriuse cos obxectivos neste I Congreso Peruano, cal era o de buscar un espazo de reflexión e debate ao redor das diversas experiencias dos inmigrantes peruanos nas sociedades de acollida". A nosa participación foi frutífera ao ser elixida a presidenta da APG como representante polos peruanos en España, en ambos os comités que se participou deixamos constancia do traballo que se esta elaborando no labor asociativo.


Foto de familia con todas as delegacións de peruanos do mundo, unha convivencia de tres días onde se valorou , como viven os peruanos fora do país

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas