GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Feijóo invita aos emigrantes a censarse en concellos galegos para poder votar nas municipais

(05/07/2010)

Feijóo invita aos emigrantes a censarse en concellos galegos para poder votar nas municipais

SANTIAGO DE COMPOSTELA, 1 Jul. (EUROPA PRESS) -

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, invitou" aos emigrantes "que poidan censarse" nos concellos galegos a que o fagan para votar nas eleccións municipais, tendo en conta que a reforma da Lei Orgánica do Réxime Electoral Xeral (Loreg) exclúe destes comicios aos inscritos no Censo Electoral de Residentes Ausentes (CERA) que non estean empadroados.

Núñez Feijóo enviou esta mensaxe na rolda de prensa posterior ao Consello da Xunta, onde matizou que a reforma da Loreg, aprobada pola Comisión Constitucional do Congreso este mércores, "dá a oportunidade" de votar nas locais aos membros da diáspora empadroados nun municipio español.

"Calquera emigrante que queira censarse en Galicia pode manter o dereito de votar nas municipais; bastará con empadroarse nun concello da comunidade, no mesmo no que está como residente ausente, e poderá exercer o seu dereito", explicou o presidente galego.

Preguntado pola reforma da Loreg, advertiu de que os "consensos" logrados entre os grandes partidos "sempre son noticias respectables" e, tras matizar que os membros da diáspora poderán votar nas locais se están empadroados, reiterou que a Xunta "seguirá apostando" pola emigración "en calquera lugar do mundo".

Así, asegurou que o seu Executivo "manterá" os seus compromisos de axuda asistencial coa emigración e manifestou a súa satisfacción polo feito de que se incrementen "as garantías e transparencia" no voto da diáspora, que poderá emitir o seu sufraxio "por correo ou en urna".

"A cuestión é se somos capaces de buscar sistemas en urna ou telemáticos para que poidan votar nas europeas, xerais e nas autonómicas para que se implemente conforme ao espírito da mesma", insistiu Núñez Feijóo, quen eludiu aclarar se cre que debería limitarse o dereito dos membros da diáspora a participar noutros comicios como os autonómicos

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas