GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Demagoxia contra os inmigrantes

(28/06/2010)

Demagoxia contra os inmigrantes
MANUEL BARRIENTOS VILLAZÓN - Xixón, Asturias - 27/06/2010

Ultimamente cada vez afloran máis as baixas paixóns e os tópicos contra a inmigración debido á crise. Considerar que os inmigrantes que viñeron a traballar son todos ou maleantes ou culpables da nosa crise e do noso paro, é esquecer que, en época de bonanza, estiveron traballando nos empregos que non queriamos os españois, achegando así, segundo informe da Caixa, unha media de 3,2 puntos de crecemento ao noso PIB na década de 1995-2005, e un incremento da renda anual en 623 euros por habitante nos últimos 10 anos. E que agora, coa crise, a maioría dos desempregados que hai son inmigrantes, iso si que é demagoxia pura e fácil.

A inmigración que recibimos dinamizou economicamente moitos barrios ao facerse cargo tanto de negocios como de empregos que os españois non querían.

Segundo o Banco de España, a contribución dos inmigrantes ao aumento da produción por habitante no período de 2001-2005 supuxo o 25% do total. Ademais, en Almería e Murcia houbo unha década de crecemento económico grazas a que a inmigración taponou a sangría de traballadores españois nos invernadoiros como consecuencia do envellecemento e abandono dos pobos por parte dos seus nativos, segundo o COAG.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Marzo 2024
LMMeXVSD
    123
45678910
11121314151617
18192021222324
25262728293031
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas