GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

«Satisfanme cousas da emigración para que se coñezan en Galicia»

(24/06/2010)

«Satisfanme cousas da emigración para que se coñezan en Galicia»

manuel laxa Escritor sobre temas da emigración

Autor:
C.P.
Localidade:
santiago/a voz.
Data de publicación:
24/6/2010

O compostelán Manuel Losa emigrou a Uruguai coa súa familia en 1953, canto tiña 13 anos. E chegou a crear un selo editorial para publicar libros sobre a súa peripecia vital na emigración e a doutras persoas. Onte presentou na Librería Couceiro a segunda edición da biografía de Xesús Canabal (Amenal, O Pino, 1897-Montevideo, 1985), que editou Galaxia co título A Galicia de Montevideo. Unha biografía de Xesús Canabal .

-¿Coñeceu a Xesús Canabal?

-Foi contemporáneo meu, aínda que cunha diferenza de idade, pero don Jesús estivo presente na traxectoria da emigración galega en Uruguai. Era un referente non só para a comunidade galega emigrante, senón tamén para os refuxiados e da intelectualidade. Era o soporte económico.

-¿Tratábase de facerlle xustiza?

-Si, e de que en Galicia se coñeza a súa personalidade e a súa traxectoria, o seu altruísmo e a súa xenerosidade. Sen ser un político foi nomeado ministro plenipotenciario polo seu enorme carisma.

-¿Nesta segunda edición revisou a obra?

-Si, está corrixida e aumentada, porque se precisan algúns datos ou pequenas cousas, e incorporei algunhas anécdotas e unhas poucas fotografías. A primeira publiqueina no 2007 e esgotouse completamente, así que preparei a segunda e Galaxia aceptou de inmediato a miña proposta de editala e estou moi satisfeito. Cambiáronlle o título ao libro con moito acerto.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Marzo 2024
LMMeXVSD
    123
45678910
11121314151617
18192021222324
25262728293031
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas