(16/06/2010)
Por primeira vez a Asociación Filatélica, Numismática e Vitolfílica Miño, creou un selo e un cartón postal para divulgar un festival cultural con mensaxe solidaria Mil cores, un só mundo . O colectivo veterano en editar selos de Correos que enxalzan o patrimonio histórico-artístico da provincia, decidiu unirse así ao primeiro Festival Intercultural organizado pola parroquia de Mariñamansa, o grupo Scout de Ourense e o colexio Cardenal Cisneros, o vindeiro sábado..
Os selos, como explicaba a súa deseñadora, a vicepresidenta da entidade, Mariló Abad, edítaos a Fábrica Nacional de Moeda e Timbre e serán presentados o sábado na festa -no parque de Mercadona ou das chemineas- e terán validez para cartas nacionais. A eles únense as postais, que poderán enviarse a calquera parte do mundo. Os organizadores explicaban onte que o obxectivo é mellorar o nivel de integración dos inmigrantes en Ourense fomentando o coñecemento das distintas culturas nunha xornada lúdica que inclúe un festival de música, unha feira de artesanía e gastronomía, xogos e talleres. Haberá xentes de Senegal, Cabo Verde, China , Arxentina, República Dominicana, Marrocos, Camerún, o colectivo xitano e tamén agrupacións musicais galegas. O delegado do Grupo Scout Toni González, di que a idea se lles ocorreu vendo os enfrontamentos interraciales noutras partes de España «e queremos evitar que aquí pase o mesmo, adiantándonos con esta iniciativa de convivencia». O programa iníciase a media tarde cun festival infantil, xogos e talleres. Tras a presentación oficial do selo (ás 19,30 horas), abrirase unha feira artesanal e gastronómica. A xornada péchase co festival musical.
OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO
(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
inmigracion@fegamp.es
Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas