GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Os emigrantes españois piden que nunca se lles limite o dereito ao voto

(16/06/2010)

Os emigrantes españois piden que nunca se lles limite o dereito ao voto

EFE - 15/06/2010

Madrid, 15 jun (EFE).- O Consello Xeral da Cidadanía Española no Exterior pediu que nunca se reduzan ou se limiten os dereitos electorais aos máis dun millón trescentos mil españois inscritos no Censo de españois residentes ausentes (CERA).

Esta é unha das conclusións aprobadas no IV Pleno do Consello Xeral da Cidadanía Española no Exterior no que se solicitou que os emigrantes "sigan gozando do seu dereito a participar sen impedimento algún en todos os procesos electorais: eleccións xerais, autonómicas, europeas e municipais".

Neste sentido, o Consello cualificou de "inaceptable" que se pretenda cambiar a Lei Orgánica de Réxime Electoral Central (LOREG) e que impediría aos españois no exterior votar nas eleccións municipais.

"Non se pode eliminar un dereito baseado nun mandado constitucional", sinalou o Consello.

Rexeitou "calquera intento de conversión do envío automático do voto por correo a voto rogado" e subliñou que, de establecerse urnas, "estas deberían considerarse tan só como un valor engadido, un complemento, nunca sustitutivo do voto por correo".

Por outra banda, o Consello reclamou "a urxente necesidade de iniciar o proceso de elaboración dunha Lei de Nacionalidade actualizada, moderna e acorde coas recomendacións da Unión Europea", ante as diferenzas que se producen para os descendentes, en función de factores tales como as datas de emigración dos seus pais ou avós ou o xénero deses ascendientes.

Tamén pediu a rectificación da normativa actual, para aplicar a igualdade de xénero e de dereitos, "de forma que os netos de avoas nadas españolas poidan obter a nacionalidade".

Sobre o ámbito educativo, decidiu reclamar ao Goberno que adopte medidas para resolver a dificultades coa que se atopan os cidadáns españois que se desprazan ou residen en Marrocos para escolarizar aos fillos nos centros de titularidade pública española en Marrocos.

Suxeriu que se teña en conta as particularidades da cidadanía española do exterior e dos retornados a efectos da aplicación da normativa vixente no recoñecemento dos traballos previos realizados no estranxeiro para acreditar a experiencia que permite acceder aos títulos de Formación Profesional e aos certificados de profesionalidade.

Ante a desprotección na que en ocasións quedan os fillos con graves minusvalías de españois de baixos recursos no exterior, perceptores da prestación por razón de necesidade, o consello propuxo que se cre un sistema para que reciban en ausencia dos seus pais as axudas necesarias.

Ademais, instou a que se nomeen titores que protexan a súa supervivencia, cun control estrito por parte das Consellerías de Traballo e Inmigración.

Respecto ao Goberno cubano, suxeriu a adopción das medidas ou acordos de cooperación tendentes a simplificar as esixencias administrativas e axilizar a mobilidade nos trámites de entrada e saída a ese país.

Tamén propuxo que se adopten iniciativas para a creación dunha rede de mulleres activas no seo do movemento asociativo, para conseguir un aumento "substancial" na participación deste colectivo e na igualdade de xénero nas directivas dos movementos asociativos.

O pleno deste órgano consultivo expón á Dirección Xeral da Cidadanía Española no Exterior que conforme un organismo dentro da mesma que cumpra o labor "de coordinar, asesorar e acompañar aos distintos movementos emerxentes de mozos".EFE arv-bpc

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas