GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

A emigración replica a Moreda que o voto exterior ´vale´ como o dun residente

(14/06/2010)

A emigración replica a Moreda que o voto exterior ´vale´ como o dun residente
O PSOE en Europa cuestiona que o presidente da Deputación da Coruña defenda desvincular a nacionalidade do dereito de sufraxio e ve "desafortunadas" as súas declaracións 



PRIETO | A Coruña A reflexión en voz alta sobre o voto emigrante do presidente da Deputación da Coruña, o socialista Salvador Fernández Moreda, abriu a caixa dos tronos no exterior. O termo de "inmoral" que utilizou Moreda para cualificar o sufraxio dos fillos e netos de emigrantes nas eleccións municipais veulle de volta: "O inmoral é o que pronuncia estas palabras", sentencia o presidente do Consello Xeral da Cidadanía Española no Exterior, Francisco Ruiz, que cualifica de "obscenidad política" a intervención de Moreda ao termo dunha conferencia pronunciada o xoves na Coruña pola directora de Emigración, Pilar Pin.

"A emigración non quita nin pon un alcalde ou un deputado. O noso voto vale tanto como o dun cidadán que vive no municipio onde se celebran eleccións. Nin máis nin menos", asegura Francisco Ruiz desde Suíza.

"É inmoral que os emigrantes e que os seus fillos e netos, que nunca estiveron aquí, teñan dereito a votar nas municipais e decidir quen goberna un concello", apuntou Moreda ao finalizar a conferencia sobre o voto exterior á que acudiu como público. Con esta frase iniciou a exposición das súas propostas sobre o voto emigrante, que -segundo apuntou- pasa por restrinxir o dereito de sufraxio nas eleccións autonómicas e xenerais aos españois no exterior con dobre nacionalidade. "Deben votar onde están vivindo", concluíu.

A emigración non se cansa de repetir os argumentos para manter o dereito de sufraxio en todas as citas coas urnas. E desde que a subcomisión do Congreso debate a reforma electoral botan man da Carta Magna a diario. "O voto é un dereito recoñecido na Constitución e ratificado por consenso no Estatuto da Cidadanía Española no Exterior", insiste Ruiz.

"Fraudulentos" e "inmorais"

E por este motivo, os españois no exterior volven rebelarse contra quenes os tachan de "fraudulentos" por "querer votar en cada contenda dignamente e segundo recolle a Constitución". "Quen fala de inmoralidade nestes termos demostra unha crise de moral política", conclúe o presidente da Cidadanía Española no Exterior.

Sobre a proposta de vetar nas xenerais e autonómicas aos españois no exterior que teñan dobre nacionalidade, Marco Ferrara, secretario de Comunicación e Innovación do PSOE Europa, lanzou a voz de alarma. "Que non se intente desvincular a nacionalidade do dereito de sufraxio. É un debate que non debe abrirse". Como fillo de emigrantes en Suíza, Ferrara asegura sentirse "cansado" de escoitar por parte dalgúns dirixentes políticos e de parte da sociedade que "como van votar quenes non pisaron o seu pobo en 50 anos ou no caso dalgúns descendentes, nunca".   "Viaxemos ou non a terra da que emigraron os nosos pais ou avós coñecemos a lingua, os costumes e temos interese nas municipais, as autonómicas e as xenerais", comenta Ferrara, á vez que recoñece que o seu compañeiro de filas na Deputación da Coruña utilizou un termo "desafortunado" para expor a súa posición sobre o voto emigrante.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas