GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Os emigrantes piden respecto cara aos seus dereitos electorais

(09/06/2010)

Os emigrantes piden respecto cara aos seus dereitos electorais
Solicitan ante o Pleno do Consello da Emigración poder votar en urna ou o sufraxio electrónico

H.D.. madrid - 09-06-2010
O Pleno do Consello da Emigración finalizou os seus dous días de traballo en España coa aprobación por unanimidade dun acordo no que esixe 'que nunca se vexan reducidos e en xeito algún limitados os dereitos electorais que agora outorga a Constitución'. Os conselleiros pediron seguir participando en todas as citas electorais, que o voto non sexa rogado, o mantemento do voto en urna e a aposta polo voto electrónico.

A defensa do voto nas eleccións municipais estivo presente nas dúas reunións de traballo e foi un tema abordado por todos os participantes no Pleno. A secretaria de Estado de Emigración e Inmigración, Anna Terrón, fixo referencia a este asunto o primeiro día do Pleno no que informou que ata agora a subcomisión non xerou un documento de traballo e ata que non o faga non se poderá pronunciar oficialmente.

O Pleno pediu que a Comisión Permanente do Consello manteña 'con carácter de urxencia' sendas reunións coa subcomisión encargada da reforma da LOREG para dar a coñecer as propostas do Pleno en defensa da participación dos españois no exterior.

O Pleno esixiu que nunca se vexan reducidos ou limitados no seu exercicio, os dereitos electorais que agora outorga a Constitución aos españois no exterior'. Os conselleiros insistiron na necesidade de que os 1,3 millóns de españois inscritos no CERA (Censo electoral de residentes ausentes) 'sigan gozando do seu dereito a participar, sen impedimento algún en todos os procesos electorais: xenerais, autonómicas, europeas e municipais'.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas