GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Inmigración, tema central no Cume da OEA

(07/06/2010)

Inmigración, tema central no Cume da OEA


Resumo de axencias




Cun breve discurso de José Miguel Insulza, secretario xeral da Organización de Estados Americanos, OEA, deuse inicio onte á reunión anual dese organismo multilateral en Perú.

Insulza aproveitou o acto para criticar a Lei Arizona, polo seu "transfondo innegable de discriminación contra a poboación latina, migrante e non migrante" e considerou que esta lei, así como a chamada "directiva do retorno" da Unión Europea "apuntan a reprimir artificialmente fenómenos que son naturais", e ambas as cousas "preocuparon especialmente aos nosos membros".

O diplomático chileno dixo que no seu mandato actual quere impulsar un diálogo interamericano que permita propiciar "migracións controladas, ordenadas e seguras, e que promovan as capacidades dos migrantes como actores políticos, económicos, culturais e científicos".

Igualmente, coñeceuse que no borrador da Declaración de Lima sobre Paz, Seguridade e Cooperación nas Américas, só dúas mencionan directamente o tema do control de gastos na compra de armas, outra das preocupacións dos países membros da OEA.

O primeiro sinala "a importancia de continuar promovendo no Hemisferio un ambiente propicio para o control de armamentos, a limitación de armas convencionais e a non proliferación de armas de destrución en masa" e o segundo, refírese a unha expresión de "firme compromiso de promover a transparencia na adquisición de armamentos" dentro de parámetros xa fixados fai tempo polas Nacións Unidas e a OEA.

Dato clave

Insulza pediu o reintegro de Honduras á OEA, país que foi expulsado por presión de Venezuela tras o golpe de estado que deixou  fóra do poder a Manuel Zelaya.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas