GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

A Comisión de Emigración recibe ao Consello no Senado

(04/06/2010)

A Comisión de Emigración recibe ao Consello no Senado

H. Díaz - MADRID - 04-06-2010
Os membros da Comisión de Traballo e Emigración do Senado manifestaron á secretaria de Estado, Anna Terrón, o seu interese por coñecer con maior detalle e de primeira man os problemas e necesidades que a cidadanía española no exterior.
Palacio del Senado, en Madrid.

Palacio do Senado, en Madrid.

Esta petición foi realizada o pasado 4 de maio no transcurso da comparecencia da secretaria de Estado no Senado para dar conta da política de inmigración e emigración do departamento que dirixe.
Alí, foi interrogada polos asuntos de maior interese e foi a senadora do PSOE, Matilde Fernández, a que no transcurso da súa intervención lanzou ese ofrecemento para que o pleno do Consello Xeral da Cidadanía Española no Exterior visitase o Senado aproveitando a súa estancia en España. A data elixida foi finalmente o martes 8 de xuño e a hora as oito e media da tarde. No Senado serán recibidos polo seu presidente, Javier Rojo, así como polos membros que integran a Comisión.

Comisión

Os senadores que integran a comisión son Alicia Sánchez-Camacho Pérez e Jesús Eugenio Gonzálvez García do PP. Matilde Fernández Sanz e Jesús Martínez Herrera do PSOE, Jordi Casas de CIU, Arturo Bagur do Grupo Mixto, e os senadores Miren Lore Leanizbarrutia e María Burgués. A presidenta é Lentxu Rubial, e os vicepresidentes Pedro Bustos Amores e Javier Marqués López.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas