GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

A emigración laboral crece un 7% en Galicia, que se converte na comunidade con máis traballadores no estranxeiro

(01/06/2010)

A emigración laboral crece un 7% en Galicia, que se converte na comunidade con máis traballadores no estranxeiro

O número de persoas que saíron de Galicia para buscar traballo no estranxeiro creceu un 7 por cento nos dous últimos anos fronte ao 9,2 por cento de media española, o que sitúa á galega como a cuarta comunidade estatal con menor fuga de traballadores nos últimos anos. Con todo, Galicia, con máis de 352.000 traballadores no estranxeiro, é a rexión española cun maior número de emigrantes.

EUROPA PRESS. 01.06.2010

Así o evidencia un estudo sobre Mobilidade Internacional realizado polo Grupo Adecco, no que se reflicte que o motivo máis común da saída de traballadores galegos ao estranxeiro foi a situación do mercado español e o incremento do paro. Ademais, en só dous anos incrementouse nun 50 por cento o número de traballadores que afirma que deixaría España por un soldo igual ou ata menor que o que recibe.

As cifras demográficas oficiais sitúan a Galicia como a cuarta Comunidade con menor fuga de traballadores ao estranxeiro desde o inicio da crise, cun incremento do 7 por cento que representa un total de 23.000 galegos maiores de idade.

Por provincias, Ourense é a que experimentou un maior incremento no seu número de residentes no estranxeiro, do 9,8 por cento. Tras ela, Lugo e A Coruña viron incrementar o seu numero de emigrantes nun 7,8 por cento e 6,4 por cento, respectivamente. Á cola sitúase Pontevedra, que creceu un 5,9 por cento neste parámetro.

Home novo e altamente cualificado

En liñas xerais, segundo o Departamento de Mobilidade Internacional do Grupo Adecco, as persoas que senten máis atraídas pola idea de traballar no estranxeiro son fundamentalmente homes, cuxas prioridades laborais son a responsabilidade do seu posto, a autonomía profesional e a perspectiva de facer carreira na compañía en cuestión.

Estas motivacións difiren se falamos da poboación feminina. Polo xeral, elas buscan un bo ambiente laboral e flexibilidade de horarios.

Tanto homes como mulleres coinciden en que se trata dunha oportunidade idónea de aprender un idioma ou vivir unha experiencia diferente noutro país e entre os maiores demandantes están os enxeñeiros, arquitectos e informáticos, que perderon o seu emprego ou consideran que o seu traballo será máis valorado fóra de España.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas