GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Os emigrantes en Venezuela expresan a Zapatero o seu rexeitamento ás limitacións ao voto exterior

(01/06/2010)

Os emigrantes en Venezuela expresan a Zapatero o seu rexeitamento ás limitacións ao voto exterior

Localidade:
redacción/a voz.
Data de publicación:
1/6/2010

As organizacións de emigrantes de medio mundo seguen evidenciando o seu desgusto e rexeitamento ao proxecto auspiciado polo Congreso dos Deputados que suporá a limitación ao dereito de voto dos españois residentes no exterior. A Federación de Centros Españois de Venezuela enviou onte mesmo ao presidente do Goberno, José Luis Rodríguez Zapatero , unha carta na que mostra o seu malestar por cuestionarse os seus dereitos de participación electoral e a supresión do seu concurso nos comicios locais. «Isto é discriminatorio e inxusto e violatorio dos dereitos fundamentais recollidos na nosa Constitución», indican na súa misiva as direccións dos colectivos galegos radicados en Venezuela.

«Non permita señor presidente que se xere máis inxustiza ao noso colectivo, cando vostede e o seu Goberno deron tanto en pouco tempo pola nosa emigración», indica a Federación de Centros Españois de Venezuela, tras recoñecer o impulso que ás súas demandas significou a aprobación do estatuto da cidadanía española no exterior.

En paralelo ao envío da carta a Zapatero , os emigrantes españois, fundamentalmente de orixe galega, realizaron o sábado unha concentración no centro de Caracas, protesta que se suma á que colectivos de representación da diáspora en Arxentina e Suíza levaron xa a cabo ao longo do presente mes. O vindeiro sábado será París o escenario doutra marcha de protesta contra a reforma do voto exterior, organizada por unha plataforma en representación da diáspora en toda Europa.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas