GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

O Foro Galego de Inmigración potenciará o traballo "en rede" para achegarse "ao máximo número de colectivos sociais"

(31/05/2010)

O Foro Galego de Inmigración potenciará o traballo "en rede" para achegarse "ao máximo número de colectivos sociais"

Foto de la Noticia
Foto: FORO GALEGO DE INMIGRACIÓN

Denuncia un cambio de rumbo das políticas da Xunta no último ano, ao acusala de "privatizar" a xestión da formación

FERROL, 30 May. (EUROPA PRESS) -

O Foro Galego de Inmigración celebrou hoxe a súa quinta asemblea xeral, na que concluíu, como un dos seus principais obxectivos, potenciar o traballo "en rede" como vía para facer chegar a súa información "ao máximo número de persoas e colectivos sociais".

O balance entre o cadro de fortalezas e debilidades que mostra a práctica interna do foro --que agrupa a máis de 80 asociacións e entidades-- foi "moi positivo", segundo destacou o seu portavoz, Miguel Fernández, en declaracións a Europa Press.

Así, unha das propostas que se expuxo na asemblea, cuxo carácter participativo deixou "moi contentos" aos máis de 300 participantes, foi a posibilidade de crear unha radio, co que se aceleraría o traspaso de información e existiría un contacto "inmediato e fluído" entre os membros, explicou Fernández.

Esta e outras opcións teñen como meta, sinalou, "integrar" no seu proxecto ao conxunto da sociedade, máis aló dos inmigrantes, e dar a coñecer o seu labor a favor dos dereitos humanos.

Entre os aspectos a mellorar, as asociacións participantes na asemblea recoñeceron que "ás veces son demasiado pequenas", o que leva a que se patrimonialicen" nunha persoa ou a que xurdan "conflitos de poder".

Así mesmo, lamentaron a falta de locais que impide o desenvolvemento da actividade dalgúns dos grupos, así como os escasos recursos dos que dispón.

"NON SOBRA NINGUÉN"

"Pero o balance é bo", resolveu o portavoz do foro en declaracións a Europa Press, tras o que recalcou que a súa liña de acción continuará, a partir de hoxe, incidindo en cuestións como a denuncia da Lei de estranxeiría vixente e a persecución e discriminación das persoas inmigrantes.

Por outra banda, Fernández referiuse a un cambio de rumbo nas políticas que a Xunta de Galicia aplica neste ámbito, ao considerar que, no último ano, "o seu comportamento foi un pouco estraño", ao acusar ao Executivo de diminuír os fondos e a participación dos colectivos e "privatizar" a xestión da formación.

"O lema segue sendo o mesmo", concluíu Fernández: "Aquí non sobra ninguén e o obxectivo final é conseguir que os dereitos sexan iguais para todos".

O programa de actividades incluíu unha marcha desde o CEIP Esteiro ata o cantón ferrolán, onde se leu un manifesto reivindicativo e a cuxo termo deu comezo un festival intercultural.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Marzo 2024
LMMeXVSD
    123
45678910
11121314151617
18192021222324
25262728293031
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas