GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Cambio de ciclo

(28/05/2010)

Cambio de ciclo

A secretaria de Estado de Inmigración e Emigración Anna Terrón asegura que o Regulamento da Lei de Estranxeiría abordará o novo panorama migratorio de España

Última Actualización Xoves, 27 de Maio de 2010. 20:12h.



O Goberno está traballando para que o Regulamento da Lei de Estranxeiría aborde as novas situacións froito do cambio de ciclo migratorio que se está dando no noso país, segundo dixo a secretaria de Estado de Inmigración e Emigración, Anna Terrón, na inauguración do Seminario Hispano-Francés de Políticas de Inmigración.



O encontro reuniu en Madrid o 20 e 21 de maio a expertos e autoridades de ambos  países para analizar as políticas de xestión de fluxos e as de integración dos inmigrantes. Alí, a titular de Inmigración e Emigración analizou o modelo migratorio global levado a cabo en España nos últimos anos, do que dixo que "permitiunos ter un discurso coherente que implique a xestión de primeira acollida e os plans a medio e a curto prazo".Na súa intervención, Anna Terrón puxo en valor a colaboración entre Concellos, Comunidades Autónomas, Administración Central e actores sociais para poder desenvolver unha política de integración adecuada. A responsable do Ministerio de Traballo e Inmigración engadiu que en España se fixo un discurso da integración baseado no respecto da diversidade e no desexo de todos os españois de manter un modelo de convivencia. "O reto é agora traballar con políticas públicas que favorezan a igualdade de dereitos e oportunidades", afirmou a secretaria de Estado.O Seminario constou de dúas sesións nas que tratou as políticas de xestión de fluxos e as políticas de integración de inmigrantes, contando coa participación de autoridades e expertos en Inmigración dos dous países, que analizarán as particularidades dos casos francés e español.Días antes en Melilla, primeira cidade de España á que viaxa desde que tomou posesión do seu cargo, a secretaria de Estado asegurou que a situación económica actual está provocando un descenso no número de inmigrantes que chegan a España, xa que se produciu unha caída "notable" dos indicadores relacionados coa inmigración Segundo Anna Terrón, os "tempos difíciles" que se están rexistrando influíron na presión migratoria, que baixou de forma considerable. Isto constátase, por exemplo, nas entradas por permiso de residencia e de primeiro emprego, que caeron do mesmo xeito que a oferta de postos de traballo, á vez que descendeu a presión nas fronteiras, así como os intentos de entrada de persoas en situación irregulare"É un bo momento para restablecer a normalidade e tratar de mellorar algún dos servizos", dixo a secretaria de Estado de Inmigración, quen recalcou que este período permite traballar cunha maior "solvencia".No caso dos menores, Terrón insistiu en que a reagrupación familiar segue sendo a "prioridade" para o Goberno, por iso é polo que continuamente estase traballando este tema, por exemplo, con Marrocos, país orixe dun gran número dos menores non acompañados.Respecto diso, a directora xeral de Integración dos Inmigrantes, Estrela Rodríguez, presente no acto, sinalou que "faise o posible" por que se produza o retorno dos mesmos e incidiu que neste tema a situación dos menores é a mesma, independentemente de cal sexa o lugar no que se atopen. Rodríguez aclarou que non hai unha actuación distinta cos menores non acompañados en función da rexión á que chegan, xa que o trato en canto a política de retorno é o mesmo, independentemente de se está en Andalucía ou Melilla.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas