GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Máis de 200 persoas analizarán o domingo a práctica asociativa na V Asemblea de Inmigración e Emigración, en Ferrol

(27/05/2010)

Máis de 200 persoas analizarán o domingo a práctica asociativa na V Asemblea de Inmigración e Emigración, en Ferrol

Ven o "principal problema" na falta de locais e de axudas públicas, que "non permite xestionar" a actividade dos colectivos


SANTIAGO DE COMPOSTELA, 26 (EUROPA PRESS)


Máis de 200 persoas de toda Galicia daranse cita este domingo en Ferrol (A Coruña) para analizar o estado actual da práctica asociativa, no marco da V Asemblea Xeral Galega de Inmigración e Emigración de Retorno.


En rolda de prensa e acompañado varios representantes dos colectivos participantes, o portavoz do Foro Galego de Inmigración, Miguel Fernández, explicou que o fenómeno migratorio pasou de ser "algo novo" a "unha realidade plena" en Galicia, que se viu acompañado dun importante traballo asociativo.


Deste xeito, o obxectivo desta V edición da Asemblea Xeral será "ver como están" as entidades representativas dos diferentes colectivos inmigrantes a nivel autonómico e "como queren participar" no ámbito asociativo e reivindicativo.


"Analizalo como un fenómeno plenamente consolidado e unha realidade máis", sinalou. Xa que logo, os participantes no acto do domingo tratarán de recompilar unha serie "de propostas e alternativas" destinadas ao propio movemento asociativo, "cara a dentro".


Un dos puntos destacados con respecto a edicións anteriores será a "participación comprometida e activa" de todos os inscritos, máis de 200, que Fernández ve un "grupo numeroso e moi representativo" para conseguir que o evento sexa "un éxito total".


Entre os temas que tratarán, atópase a falta de locais para organizar e impulsar a súa actividade e a redución das axudas públicas, que "impide xestionar" o traballo diario das entidades e obriga aos seus portavoces a "buscarse a vida con medios propios".


PROGRAMA


A Asemblea iniciarase ás 10.00 horas no CEIP de Esteiro, onde terá lugar unha recepción dos asistentes nas diferentes linguas das entidades que se integran no Foro.


Posteriormente, entre as 10.30 horas e as 12.45 horas, comezará o traballo por grupos e a análise da situación das diferentes asociacións participantes. Ás 13.00 horas, haberá un acto público no Cantón ferrolán e, xa pola tarde, un plenario e a posta en común das conclusións do día entre os diferentes portavoces.


Finalmente, no mesmo auditorio Universitario do Campus de Esteiro celebrarase un festival Intercultural con intérpretes e tendencias procedentes de Senegal, Chile, Ecuador, Perú ou Venezuela.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Marzo 2024
LMMeXVSD
    123
45678910
11121314151617
18192021222324
25262728293031
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas