GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

O número de afiliados estranxeiros á Seguridade Social diminuíu un 1,96% en abril

(27/05/2010)

O número de afiliados estranxeiros á Seguridade Social diminuíu un 1,96% en abril

Fronte ao mes de marzo, rexistrouse un repunte na afiliación do 1,21%, ao sumar 22.139 traballadores foráneos novos

Data de publicación: 26 de maio de 2010
O número medio de afiliados estranxeiros á Seguridade Social situouse en abril en 1.850.369, o que supón un descenso do 1,96% (37.023 cotizantes) respecto ao mesmo mes de 2009. Con todo, se se compara a cifra de abril coa do mes de marzo produciuse un repunte na afiliación do 1,21%, ao sumar 22.139 traballadores foráneos novos, tal como reflicten os últimos datos publicados polo Ministerio de Traballo e Inmigración.

O incremento no número de afiliados estranxeiros en abril é o terceiro repunte mensual consecutivo tras o de febreiro e marzo, meses nos que o sistema gañou 11.112 e 10.245 cotizantes foráneos, respectivamente.

A maioría dos estranxeiros afiliados á Seguridade Social en abril encadrábanse no Réxime Xeral, con 1.212.531 cotizantes, seguido do Réxime Agrario (252.611), o Réxime Especial de Autónomos (197.412), o do Fogar (181.881), o do Mar (5.205) e o do Carbón (730). Desta forma, o Réxime Xeral concentrou o 65,53% do total das afiliacións estranxeiras; o Agrario, o 13,65%; o de Autónomos, o 10,67%; o do Fogar, o 9,83%; o do Mar, o 0,28%, e o do Carbón, o 0,04%.

No Réxime Xeral, 258.116 estranxeiros, o 21,29%, traballaban na hostalería, mentres que o 16,52% facíao no comercio (200.264 afiliados) e o 14,61% na construción (177.171 cotizantes).

Do conxunto de inmigrantes que estaban afiliados ao sistema en abril, 673.880 procedían de países comunitarios, mentres que 1.176.489 eran traballadores non pertencentes á Unión Europea (UE). Dentro dos países non comunitarios, 226.869 eran de nacionalidade marroquí e 175.953, ecuatoriana. Colombia, con 113.645 traballadores, situouse como terceiro país de procedencia, por diante de China (78.151). Os restantes afiliados non comunitarios repártense entre Bolivia (75.266), Perú (69.931) e Arxentina (46.429), entre outros.

Os países da UE que máis afiliados achegaron foron Romanía (285.192), Italia (61.962) e Portugal (55.222). Seguíronlles búlgaros e británicos, con 53.987 e 52.780, respectivamente, e alemáns, con 40.532 afiliados. En canto ao xénero, 1.036.776 cotizantes estranxeiros eran homes e 813.594, mulleres.

Cataluña e Madrid concentraron catro de cada 10 afiliados foráneos en abril, ao sumar entre ambas o 43,42% do total de inmigrantes ocupados. Cataluña contaba con 419.043 estranxeiros cotizantes, mentres que en Madrid a cifra era de 408.499. Tras estas dúas rexións situáronse Andalucía, con 87.387 cotizantes estranxeiros, Comunidade Valenciana (198.839), Murcia (87.387), Canarias (80.313), Castela-A Mancha (78.800), Baleares (67.348), Aragón (60.627), Castela e León (60.445) e País Vasco (51.481).

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas