GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

España pecha a porta á inmigración: só 18.000 novos permisos de traballo

(25/05/2010)

España pecha a porta á inmigración: só 18.000 novos permisos de traballo

Publicado o 24-05-2010 , por D. Page e M. G. Maio

A década e media de crecemento económico continuado que viviu España ata 2007, cun mercado de traballo que parecía inesgotable, converteunos nun destino privilexiado da inmigración: da nada aos 5,7 millóns de estranxeiros actuais. Roto xa o soño do milagre español, a porta péchase agora para os estranxeiros.


O Goberno concedeu durante 2009 un total de 343.774 permisos de traballo a extracomunitarios (os cidadáns da Unión Europea e dalgúns países europeos como Suíza ou as repúblicas bálticas gozan do dereito á libre circulación). A crise nótase e a cifra de autorizacións é un 56% menor á rexistrada en 2008, cando se aprobaron 790.205 permisos.

Con todo, a gran maioría dos permisos concedidos (máis de 240.000, o 70%) corresponden á renovación de papeis de estranxeiros que xa traballan en España. O Ministerio de Traballo e Inmigración só deu durante todo o ano pasado 18.675 permisos de traballo de nova concesión. A cifra de novos permisos esborrállase un 84% en só un ano en relación aos 119.774 aprobados en 2008 (que xa eran a metade dos 240.092 que o Executivo deu en 2007). O mercado manda.

Mercado de traballo
Co mercado de traballo en punto morto (e costa abaixo), o Goberno pechou a porta de entrada e abriu a de saída aos inmigrantes. O Executivo está promovendo o retorno dos estranxeiros sen emprego e está estreitando as canles de entrada de novos inmigrantes: recortando o continxente, axustando o catálogo de profesións de difícil cobertura...

A disparada taxa de paro, que no primeiro trimestre de 2010 superou o 20% (a máis alta dos países desenvolvidos), ten parte da resposta a esta situación. En total, hoxe hai máis de 4,6 millóns de desempregados e algúns expertos non atopan inviable superar a barreira dos 5 millóns.

Aínda por riba, o nivel de desemprego inmigrante (tradicionalmente máis alto polo seu elevado nivel de rotación) terminou 2009 ao bordo do 30%, unha cota que se excedeu no primeiro trimestre deste ano, segundo a última Enquisa de Poboación Activa. A taxa de desemprego entre os estranxeiros é pois máis do dobre do que marcaba a principio de 2008 e sitúase máis de dez puntos por encima da dos españois: do 18,01% entre xaneiro e marzo.

Mentres os efectos da crise sigan sendo evidentes en forma dun crecente desemprego, o descenso da cifra de novos permisos de traballo parece garantido. "Van transcorrer uns anos, probablemente unha década, con pouca inmigración. Durante é tempo producirase unha recolocación dos inmigrantes parados que xa están aquí e tamén dos seus fillos", sostén Miguel Pajares, profesor de Antropoloxía Social da Universidade de Barcelona. "Aínda tardaremos en pedir máis man de obra", sentenza.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas