GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Ramirás homenaxea a un pioneiro da emigración

(24/05/2010)

Ramirás homenaxea a un pioneiro da emigración

Manuel González creou a Asociación Amigos de Ramiranes en Caracas

S.Martínez. Ramirás - 24-05-2010

A localidade de Ramirás rendeu tributo a un dos seus fillos máis ilustres e queridos, o nonagenario Manuel González Álvarez, historia viva da emigración ourensá.

A vida de González Álvarez é a crónica da superación e a solidariedade cos seus conveciños nun país afastado, Venezuela, no que traballou durante seis décadas.

Traballou de enfermeiro, camioneiro, taxista... ás veces en xornadas de 16 horas, pero sobre todo exerceu de home próximo aos seus compatriotas. Non foron poucas as veces que prestou diñeiro a persoas en apertos.

Talvez o seu logro máis destacado foi a creación en Caracas da Asociación Amigos de Ramiranes en 1974. Esa agrupación, que chegou a contar cun milleiro de asociados, foi unha plataforma desde a que ducias de ourensáns chegados ao país suramericano recibiron axuda, asesoramento e refuxio. As xestións de González Alvarez foron decisivas para que o Goberno de Felipe González recoñecese en 1984 o dereito a pensión a emigrantes chegados un día a Venezuela sen papeis.

Un dos promotores da homenaxe, José Luís Álvarez, afirmou que 'Manuel, a pesar de pasar moito tempo lonxe, levou sempre a Ramirás no corazón; deixou unha profunda pegada por onde pasou e axudou desinteresadamente a moitas persoas. É un home moi querido neste concello'.

Ao acto de tributo público, presidido pola alcaldesa de Ramirás, Pilar López, sumouse o ex chanceler de España en Venezuela Alberto Pérez Yáñez. Os asistentes recibiron un texto que apunta os avatares vitais de González, que no seu día escribiu un brillante relato autobiográfico.



RETORNO

González retornou a Galicia nos anos 90 e na actualidade vive nunha residencia de anciáns en Pontevedra. O homenaxeado, finalmente merecido profeta na súa terra, recibiu onte o agarimo dos seus paisanos, que recompensaron con abrazos toda unha vida de entrega aos demais.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas