GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

A oenegué boirense Contacto participará na asemblea galega de inmigración en Ferrol

(19/05/2010)

A oenegué boirense Contacto participará na asemblea galega de inmigración en Ferrol

Localidade:
Ribeira/A voz.
Data de publicación:
19/5/2010

A quinta edición da Asemblea Galega de Inmigración e Emigración de Retorno, que se celebrará en Ferrol o día 30, contará coa participación da oenegué boirense Contacto. O encontro está organizado polo Foro Galego da Inmigración, ademais doutras entidades sociais asentadas no territorio autonómico.

A asemblea está dirixida especialmente ás persoas que participan nas asociacións e comunidades de inmigrantes e emigrantes retornados en xeral. Tamén poderán participar os membros de institucións que traballan con estes colectivos.

Os obxectivos desta concentración responden «á situación á que estamos a asistir ante un paulatino endurecemento das leis e a un continuo recorte dos dereitos dos inmigrantes, tanto en Europa como no Estado español. Ademais, a situación actual de crise económica e o desemprego terminan por alimentar discursos, actuacións e propostas de corte xenófobo», tal e como apuntan fontes da organización do evento.

Propósitos

Outro dos obxectivos que persegue a celebración desta asemblea é a apertura dun espazo de reflexión, debate e intercambio de experiencias e coñecementos sobre estas prácticas asociativas.

Preténdese así repercutir no fortalecemento das asociacións de inmigrantes e dar un paso máis na condición de colectivo organizado e na procura de respostas aos problemas que afectan á sociedade actual, que son consecuencia directa dos movementos migratorios.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Marzo 2024
LMMeXVSD
    123
45678910
11121314151617
18192021222324
25262728293031
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas