GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Inmigración. Cáritas Europa sinala que as políticas migratorias están condenadas ao fracaso

(18/05/2010)

Inmigración. Cáritas Europa sinala que as políticas migratorias están condenadas ao fracaso

Servimedia, 17 de maio de 2010 ás 14:13


Cáritas Europa quéixase das políticas de fronteiras exteriores que están levando a cabo os Estados membros da Unión Europea e avoga por centrarse en identificar as sinerxías entre migración e desenvolvemento en lugar de usar ditas políticas para desenvolver un control sobre este colectivo.

Desde a organización sinalan que a actual crise económica e a destrución de millóns de postos de traballo contribuíron a que os gobernos dean prioridade a este tipo de políticas e pon como exemplo os altercados ocorridos nalgúns países como Italia.

Tamén manifestan que estes procesos represivos están abocados "ao fracaso" mentres que a principal motivación dos migrantes para abandonar o seu país de orixe siga sendo a falta de oportunidades para manter unha vida digna.

Por iso, elaboraron un texto que baixo o título de "Reflexión sobre as dinámicas entre migración e desenvolvemento" recolle unha serie de principios fundamentais como o dereito a vivir nun territorio, o dereito a residir coa propia familia, o dereito á reagrupación, o dereito a contribuír ao desenvolvemento tanto do país de orixe como do de destino e o de integrarse no lugar de acollida.

Así mesmo, pretenden presentar deste xeito aos responsables políticos e á opinión pública esta serie de recomendacións co fin de mellorar as políticas actuais nestes ámbitos

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas