GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Protesta en Bos Aires polos recortes do voto

(18/05/2010)

Protesta en Bos Aires polos recortes do voto
Máis de medio milleiro de españois protestan en Bos Aires polos recortes do voto.
Baixo o lema "Non queremos ser cidadáns de segunda", máis de medio milleiro de españois e descendentes marcharon o sábado pasado, día 15, en Bos Aires ata a sede da Cancillería española para entregarlle ao ministro conselleiro da Embaixada unha carta dirixida ao presidente do Goberno de España, José Luís Rodríguez Zapatero. A primeira marcha en repudio aos recortes no voto da cidadanía residente no exterior partiu, ao son de gaitas e pandereitas, do monumento dos españois ata a Cancillería.
manifa1

A marcha estaba convocada polo Consello de Residentes Españois (CRE) de Bos Aires, a Federación de Sociedades Españolas, a Federación de Asociacións Galegas e a Federación Unión de Asociacións Galegas.

Simultaneamente, realizáronse manifestacións en Brasil, Paraguai, Suíza e Chile, nalgúns casos convocadas polos CRE, noutros, por federacións locais.

En Bos Aires, en principio, explicou a presidenta do CRE-Bos Aires, María Teresa Michelón, reuníronse "as catro cabezas" (o CRE de Bos Aires, a Federación de Sociedades Españolas e as federacións galegas) porque querían manterse "á marxe dos partidos políticos". Ademais, a conselleira informou que á marcha tamén se adheriron os CRE de Mendoza e Córdoba, que encabezan Felipe Andreu e Justino Navas, respectivamente.

Aínda que nesta ocasión, segundo manifestou Michelón, as protestas realizáronse "por separado", a intención é continuar en contacto para coordinar accións máis unificadas. "Intentaremos facer unha próxima reunión con maior cantidade de xente representativa da colectividade española en Arxentina", dixo e subliñou, que "isto non é contra ninguén, nin políticos, nin persoas, é un pedido de reflexión porque nós queremos seguir sendo españois de feito e de dereito".

emigrante-1

Pola súa banda, o presidente da Federación de Sociedades Españolas de Arxentina sinalou, durante a marcha que se concentrou fronte ao monumento dos españois, que non só repudiaban o principio de acordo entre os partidos maioritarios para recortar os dereitos políticos dos emigrantes; "tamén repudiamos -dixo- aos partidos políticos que impulsan este acordo e, especialmente, ás súas delegacións no exterior porque non fixeron nada para defender a nosa situación".

Arturo Pérez, en representación de máis dos máis 120 centros federados, foi un dos asinantes da misiva que se fará chegar a Zapatero.

Outro dos asinantes do documento foi o presidente da Federación Unión de Asociacións Galegas, Adonis Pampín Cagide, quen reiterou que se trata só do comezo das accións de protesta. "Queremos que se revea esta medida e seguiremos loitando ata conseguilo", aseverou.

Outro dos asinantes, o presidente da Federación de Asociacións Galegas da República Arxentina, Francisco Lores, lamentou que o PP e PSOE soamente sexan capaces de unirse para recortar o voto dos cidadáns residentes no exterior e advertiu que o recorte nos dereitos políticos da emigración, será un máis dos recortes que o presidente do goberno pensa aplicar en España e agregou: "Os españois non mandamos máis en España, agora mandan as multinacionais do mercado común europeo".

Lores defendeu especialmente a posibilidade de votar nos comicios municipais. "O voto nas municipais -dixo- é o que máis nos chega ao corazón, é o voto patriótico, é o voto económico, o voto de relacións, o voto do noso pobo".

Finalmente, o dirixente mostrouse moi satisfeito "pola unidade que se está conseguindo" e remarcou que a marcha do 15 de maio foi o comezo"; "imos seguir en contacto e facendo cousas", asegurou e adiantou que a próxima concentración podería realizarse nas portas do Consulado de España.

emigrante-2

Nesta liña, o secretario de Federación de Asociacións Galegas, Luís Fernández, expresou: "cremos que se primeiro recórtannos os dereitos políticos, logo, seguramente, virán os recortes sociais e de toda índole".

Nas portas da Cancillería, tras o encontro que mantiveron os representantes das tres Federacións e o Consello de Residentes Españois de Bos Aires, o conselleiro ministro da Embaixada española, Rodrigo de Cárcer, asegurou que lle parecía "un texto impecable".

Rodrigo de Cárcer agradeceu, así mesmo, aos presentes a súa vontade de participación e sinalou que a manifestación representaba "un acto de democracia". "Sempre é mellor expresar as opinións democraticamente que quedar na casa lamentándose", continuou. O ministro conselleiro recibiu a misiva, en nome do embaixador, Rafael Estrela, e afirmou que lla faría chegar non só ao presidente do goberno "a quen ía dirixida" senón que, ademais, coa autorización dos asinantes, entregarase ao Rei e ao Parlamento español, "que é onde realmente se toman estas decisións", dixo.

Mariana Ruiz, Bos Aires.
Fonte: Crónicas da emigración.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas