GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

As emigrantes e retornadas españolas elaboran un documento reivindicativo no seu encontro en Madrid

(12/05/2010)

As emigrantes e retornadas españolas elaboran un documento reivindicativo no seu encontro en Madrid

Durante tres días, as participantes no encontro organizado pola Coordinadora Europea de Asociacións de Emigrantes Españois, analizaron temas como a vulnerabilidade, a igualdade ou a unión en rede 

H.D. - Madrid - 11-05-2010

Chegadas desde Suecia, Alemaña, Bélxica, Holanda, Luxemburgo e España, e convocadas pola Secretaría da Muller da Coordinadora Europea de Asociacións de Emigrantes Españois, mulleres con responsabilidades no movemento asociativo e novas xeracións que se inician agora nel citáronse en Madrid para elaborar un documento reivindicativo sobre as súas necesidades e para analizar, estudar e avanzar en temas como vulnerabilidade, igualdade, e representación. A clausura correu a cargo da directora xeral do Instituto da Muller, Laura Seara, quen colaborou co encontro.
Un momento del encuentro de las mujeres

Un momento do encontro das mulleres

Durante tres días, mulleres chegadas desde distintas partes de Europa e España, aínda a pesar da nube do volcán, puxeron en común as súas experiencias e as súas necesidades no encontro organizado en Madrid pola secretaría da muller da Coordinadora Europea, a cuxo fronte está Isabel García. As emigrantes e as retornadas expuxeron os seus puntos de vista e reivindicaron para ambos os colectivos non só maior representación nos espazos de decisión do movemento asociativo (aínda que na Federación de Retornados os postos directivos están en mans das mulleres), senón tamén unha maior presenza na administración pública e unha maior axuda para formarse, informarse e realizar estudos e investigacións coas mulleres como protagonistas, pero como todas quixeron deixar moi claro 'onde nós digamos o que queremos, e non que nos dean as cousas feitas, e xa está'. Demostraron as participantes neste encontro, no que se citaron xeracións distintas, algo pouco habitual no ámbito migratorio, que no que á participación e loita das mulleres refírese tanto a emigración como o retorno aínda queda moito por facer. Tras varios relatorios a cargo de Maribel Castelví, do Instituto da Muller, Lola Sisternas, de Alemaña e Sonia Torre, xerente da Rexión Internacional, a clausura correu a cargo de Laura Seara, directora xeneral do Instituto da Muller, quen subliñou a importancia que para o seu organismo ten a muller emigrante e retornada. Falou dos próximos proxectos en marcha: unha exposición itinerante sobre emigración e un estudo, e reivindicou o 'feminismo, como igualdade entre homes e mulleres'.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Marzo 2024
LMMeXVSD
    123
45678910
11121314151617
18192021222324
25262728293031
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas