GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

O rostro da crise: 110.000 españois emigran para traballar

(10/05/2010)

O rostro da crise: 110.000 españois emigran para traballar
A quinta parte de todos os emigrados son galegos, a pesar de que a nosa comunidade representa só o 5% da poboación española
SERGIO BARBEIRA Actualizado 09/05/2010 - 16:35 h.

Emigración hai sempre, haxa ou non haxa crise­ económica. Pero a actual conxuntura pon a proba aos países máis débiles, é dicir, nos que atopar un emprego vólvese unha tarefa complicada. España é o Estado europeo coa maior taxa de paro (20%), que duplica a media da Unión Europea, e unha das máis elevadas dos países ricos. Isto empuxou a miles de persoas a cruzar as fronteiras españolas para gañarse o pan.

Segundo o Censo electoral de españois residentes no estranxeiro (CERA), entre marzo de 2008 e marzo de 2010, 110.931 persoas con nacionalidade española decidiron buscar unha vida mellor no estranxeiro. O CERA recolle os datos das persoas maiores de idade (é dicir, con máis de 18 anos), e é o indicador que, en tempo real, achega datos máis fiables sobre o movemento migratorio. A crise en España intensificouse en 2008, aínda que no resto do mundo iniciouse a mediados de 2007. Desde decembro de 2007 os emigrantes españois son máis de 130.000. Nestes momentos hai 1,32 millóns de españois vivindo no estranxeiro fronte aos 1,21 millóns de marzo de 2008 e os 1,19 millóns de finais de 2007.



UN RITMO PERIGOSO

O máis preocupante dos datos de emigrantes non é a súa magnitude, senón o ritmo co que aumentaron desde que o estado da economía deteriorouse. Durante os dous anos previos á crise, marcháronse de España unhas 66.000 persoas, case a metade dos máis de 110.000 da época recesiva. Xa que logo, o ritmo de avance do éxodo de forza laboral duplicouse, e moitos dos que se van son novos aos que emigrar aínda lles parece máis unha oportunidade que un abandono forzoso.

Precisamente, o feito de que moitos dos que se van sexan novos ten a súa explicación na elevada taxa de paro deste colectivo, que supera o 40% no caso dos menores de 25 anos. Así, todas as persoas entrevistadas por Xornal son novas que teñen escasas expectativas sobre as oportunidades que lles brinda o mercado laboral galego e español.

O caso de Carlos García, galego de 30 anos, é sintomático da situación actual, aínda que tamén é un exemplo do mal que estaban as cousas pouco antes de que estalase a burbulla da crise. "Funme fai case tres anos e, aínda que naquel momento aínda non se falaba abertamente de crise, non atopaba nada adecuado á miña formación nin aos meus intereses", asegura.

Foise a Alemaña e alí, con pouca experiencia e aínda sen dominar por completo o idioma, tratárono moito mellor que en España. "Fixéronme contrato indefinido sen experiencia e as condicións á hora de despedirte son moito mellores, non poden botarte de golpe, sen máis explicacións, como fan en España. Aquí todo é máis serio", explica.

Atopar traballo en España sempre foi unha tarefa difícil, sobre todo se o que se busca é un emprego que garde certa relación coa formación do candidato. Ese desfasamento, que ten a súa raíz no deficiente sistema educativo español, agrandou a temporalidade (30%), que duplica a media europea. E ese desfasamento explica que os problemas laborais xa se producisen antes da crise, a pesar de que o Goberno bote a culpa ao desastre inmobiliario. Hai unha compoñente estrutural en todo este desastre.



GALICIA, UN CASO PARTICULAR

Se os datos de emigrantes xa son de seu preocupantes, empeoran no caso de Galicia. A nosa comunidade é pioneira no éxodo de traballadores, xa que acapara o 20% do total do Estado, unhas 21.916 persoas de 110.931 nos dous últimos anos. Desde decembro de 2007 os emigrados superan os 26.000. Por provincias, A Coruña é a que máis achega "tamén é a máis poboada", con 6.998 persoas. Curiosamente, nese triste ranking non lle segue Pontevedra (5.302), a segunda provincia galega por número de habitantes, senón Lugo, con 5.479 persoas. As provincias interiores se despoblan e a emigración segue sendo unha das principais causas. Máis de 4.000 persoas abandonaron Ourense nos dous últimos anos para instalarse no estranxeiro "a este hai que sumar os que emigran a outras partes do Estado español".

No exterior, viven e traballan 350.790 galegos, o 26% de todos os españois emigrados. Esta porcentaxe caeu un punto nos dous últimos anos, pero aínda así segue sendo un peso elevadísimo tendo en conta que Galicia representa o 5,3% de toda a poboación española. A maioría dos galegos elixen como destino Europa (Alemaña, Francia, Suíza ou Reino Unido) e Latinoamérica (Argentinay Brasil). Os galegos xa son uns expertos en gañarse a vida noutras latitudes, pero a actual conxuntura mantivo esa sangría de traballadores, sobre todo novos. De feito, a poboación galega  estancouse ao redor dos 2,79 millóns de habitantes. O desemprego na comunidade é dos que menos crece en España, pero en gran medida débese a que a poboación activa apenas aumenta. O traballo emigra.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas