GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

A emigración: tan lonxe, tan cerca

(07/05/2010)

A emigración: tan lonxe, tan cerca

Autor:
Luis Díaz luis.diaz@lavoz.es
Data de publicación:
7/5/2010

A emigración estivo moi presente na vida e a obra de Xosé Neira Vilas e da emigración na literatura galega falou precisamente onte no salón de actos de instituto de ensino secundario A Pinguela, ante un auditorio integrado por alumnos de todos os ciclos da ESO e de segundo curso de bacharelato. Antes e logo da conferencia, o escritor asinou exemplares dos seus libros aos estudantes da Pinguela, e tamén a unha antiga alumna que acudiu ex profeso ao centro coñecedora da súa presenza. Neira Vilas destacou na súa charla o impulso que supuxo a emigración a América non só para a cultura, senón para o conxunto da sociedade galega na primeira metade do pasado século. Foron emigrantes, segundo recordou, os que custearon desde o outro lado do Atlántico a construción de escolas en moitas poboacións rurais de Galicia. Aldeas que sufrían entón o atraso que tan ben retratou o relator na súa coñecida obra Memorias dun neno galego . Horticelos adiántase á «nevada do cuco». Este ano faltaba por caer a nevada do cuco nas zonas máis altas da montaña lucense. Avisábano os máis vellos do lugar desde hai tempo e o seu prognóstico cumpriuse a comezos desta semana. En plena primavera, o cuco enmudeció por uns días e a neve fixo acto de presenza o luns en zonas do Cebreiro, A Fonsagrada e Os Ancares. Os integrantes da asociación cultural Horticelos, de Bóveda, que o pasado fin de semana acudiron a Piornedo con motivo dunhas xornadas de sendeirismo, libráronse por moi pouco desta nevada con nome de paxaro.

A Escola Oficial de Idiomas de Monforte pechou onte as xornadas de portas abertas que se iniciaron o pasado luns e nas que se incluíron actividades tan diversas como proxeccións de cine, actuacións musicais e degustacións gastronómicas. Neste último capítulo, o protagonismo na xornada de clausura correspondeu a pratos típicos franceses e italianos.

Alumnos do colexio monfortino A Gándara ofreceron onte na casa de cultura a sexta representación do certame municipal de teatro para centros de ensino. A obra elixida, Restaurante Farruco , de Chus Pereiro , foi posta en escena por un grupo de vinte estudantes de A?????Gándara, dirixidos por Carmen Neira . Tamén botaron unha man Nazaret Méndez e Celia López .

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas