GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

O Campus ofrece 12 bolsas a emigrantes retornados

(04/05/2010)

O Campus ofrece 12 bolsas a emigrantes retornados

A iniciativa da Deputación e a Universidade de Vigo custará 37.000 euros

Imanol Hernández - OURENSE - 04-05-2010

Co obxectivo de facilitar a mobilidade de estudantes descendentes de emigrantes ourensáns, galegos ou españois e tamén de persoas de nacionalidade estranxeira para que poidan cursar estudos de grao e posgrao no campus de Ourense, o reitor da Universidade de Vigo, Alberto Gago, e o presidente da Deputación provincial, José Luís Baltar, asinaron onte un convenio de colaboración para a posta en marcha dun programa de bolsas.

A iniciativa insérese dentro do interese común que teñen ambas  institucións de promover a vinculación das persoas descendentes de emigrantes coa súa terra de orixe e de fomentar a proxección internacional da oferta educativa do campus .

O acordo permitirá outorgar doce bolsas que cubrirán o custo da matrícula no centro que corresponda, unha praza de aloxamento na residencia universitaria e unha axuda de 600 euros para contribuír aos gastos da viaxe. A Deputación colabora cunha achega de 25.000 euros e o Consello Social da Universidade de Vigo, que preside Emilio Atrio, tamén presente no acto, con outra de 12.000 euros, mentres que a Dirección Xeral de Universidades e a de Emigración encargaranse dos gastos de papelería, distribución e promoción da iniciativa.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Marzo 2024
LMMeXVSD
    123
45678910
11121314151617
18192021222324
25262728293031
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas