GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Feijóo ensina aos emigrantes galegos como poden pedir o cartón sanitario

(03/05/2010)

Feijóo ensina aos emigrantes galegos como poden pedir o cartón sanitario

C. GRAZA
MÉXICO
Domingo , 02-05-10
«A través da rede, todos vostedes, en calquera lugar deste gran país que é México, poden entrar na páxina da Xunta as 24 horas, 365 días ao ano, acreditar as súas credenciais a través do DNI ou Pasaporte, tamén que están inscritos no Censo de Residentes Ausentes e, a partir de aí, simplemente con esa información, solicitar o documento individual». Foi a mensaxe do presidente galego aos emigrantes desta terra residentes no país azteca, logo da rúbrica do correspondente convenio entre o Centro Galego de México e a Secretaría Xeral de Emigración para a realización da tramitación previa á emisión do cartón sanitario para esta diáspora.
Alberto Núñez Feijóo recordou a apertura, na rede, dunha canle permanente con este colectivo, ideado co fin de que o proceso resultase máis fácil, sinxelo e accesible. O político popular opinou, ante o seu auditorio, que «non ten sentido que tivésemos distintos dereitos daqueles que naceron en Galicia e necesitaron emigrar a México, Venezuela, Brasil, Chile, Arxentina, Uruguai, Suíza, Alemaña, Italia, Reino Unido ou Liechtenstein...». Precisou que a terra rosaliana ten un dos mellores servizos sanitarios do planeta, e, xa que logo, «era inadmisible que os que tiveron que saír de alí na década dos 40, 50 ó 60; traballando fora e contribuíndo de forma ininterrompida ao progreso de Galicia, tivesen un dereito de segundo nivel», manifestou onte.
Con esta cartolina no seu poder, estes residentes no exterior terán acceso ao resto do Sistema Nacional de Saúde, «aos hospitais e centros de todas as comunidades de España, de todos os médicos, enfermeiras e persoal sanitario da súa nación, que é España», especificou o dos Peares. Para rematar, alcaró que «isto é un compromiso electoral, hoxe vimos dalo a coñecer, e que os políticos cumpran non é unha cuestión da que podamos presumir. Cando un cumpre a súa palabra... É o mínimo que se pode facer», puntualizou ao termo do seu discurso.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas