GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

A nova emigración está formada por estudantes de inglés con traballos na hostalería, que retornan

(03/05/2010)

A nova emigración está formada por estudantes de inglés con traballos na hostalería, que retornan

Data de publicación:
2/5/2010

O Reino Unido foi un dos principais destinos dos emigrantes galegos durante o século pasado. A maioría gañáronse a vida en traballos de baixa cualificación, especialmente dentro do sector da hostalería. Nese terreo algúns conseguiron facer fortuna e ata chegaron a abrir restaurantes de pompa en barrios como Chelsea, un dos máis caros do mundo.

Con todo, a integración non foi siempe perfecta, e algúns deses emigrantes que levan décadas en Gran Bretaña teñen hoxe uns coñecementos só básicos de inglés e da cultura do país que os acolleu. A súa prioridade era levar diñeiro a casa e con líbraa multiplicando por máis de 200 o valor da peseta, o Reino Unido era o mellor lugar para gañalo.

A nova emigración é moi distinta e o traballo xa non é a prioridade para ela porque, como sinalan todos os economistas, converteuse nun ben cada vez máis precario nas illas. A prioridade dos que chegan agora é aprender o idioma e, para pagarse os estudos, moitos mozos buscan emprego temporal, sobre todo no sector da hostalería.

A flexibilidade laboral británica facilita compaxinar os estudos co traballo e é sorprendentemente fácil atopar a mozos españois e galegos entre o persoal de pubs, restaurantes e hoteis. A maioría deles regresan a Galicia logo dun tempo para buscar traballo coa vantaxe de manexarse en inglés.

Pero ¿que ocorre cos fillos das primeiras xeracións de emigrantes? Na súa maioría senten máis ingleses que galegos e moi poucos deciden regresar á terra da que proviñan os seus antepasados. Iso non quere dicir que leven a cabo un divorcio completo coas raíces porque moitos si se interesan pola cultura galega, como proba o Centro de Estudos Galegos de Londres. Conta xeralmente con alumnos que son fillos de inmigrantes.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas