GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Arxentina e Venezuela concentran o 42,2% dos 89.459 ourensáns residentes no exterior

(03/05/2010)

Arxentina e Venezuela concentran o 42,2% dos 89.459 ourensáns residentes no exterior

IVÁN XIL - OURENSE A reforma da Lei Electoral que restrinxirá o dereito ao voto nas eleccións municipais aos máis de 76.599 emigrantes ourensáns inscritos no Censo Electoral de Residentes Ausentes (CERA) será un factor determinante á hora de afrontar os comicios locais previstos para o 29 de maio do próximo ano.
Alcaldes de todas as cores políticas coincidiron en valorar a modificación, que saíu adiante no Congreso dos Deputados co apoio dos principais grupos parlamentarios. A posibilidade de que un residente no estranxeiro, escasamente vinculado ao seu municipio de inscrición, determine a elección do alcalde creou un notorio consenso na cámara.
A provincia de Ourense rexistra unha das maiores taxas de poboación emigrada do Estado, que representa ao 27,48% dos habitantes. A pesar diso, e de que os residentes no exterior suman 76.599 votos potenciais, a maioría de rexedores municipais asegura que nunca realizou campaña electoral no estranxeiro.
O custo do desprazamento non se cobre coa baixa porcentaxe que representan os votos do CERA no cómputo global, explica o rexedor do Concello de Xinzo de Limia, Isaac Vila. Con todo, nos municipios de menor tamaño como Avión (onde a poboación emigrada supera á residente), Gomesende ou Quintela de Leirado poderían decidir os resultados en caso de mobilizar a todo este electorado. Nesta última localidade, os emigrantes con dereito a voto representarían case o 40% do censo, aínda que os votantes non adoitaban superar "o 5% do voto en urna", apunta o alcalde do devandito municipio, José Antonio Pérez.
A presenza de ourensáns esténdese por máis de medio centenar de países, rexistrándose a maior concentración no continente americano, onde residen 65.651paisanos, segundo o último Padrón de Españois Residentes no Estranxeiro (PERE), que recolle os datos a 1 de xaneiro de 2010. Concretamente, Venezuela e Arxentina aglutinan o maior número de emigrantes da provincia con 13.202 e 24.611 habitantes, respectivamente (o 42,2% dos 89.459 emigrantes ourensáns). Séguelles Brasil, cunha poboación ourensá de 8.079 persoas; México con 5.780 e Cuba con 4.658.
En Europa residen un total de 23.289 ourensáns, principalmente en Suíza, Francia e Alemaña. No país alpino o censo ascende a 8.901 habitantes, en Francia, 5.866, e no país teutón a cifra ascende a 5.518. No continente asiático a emigración é máis residual, cun total de 84 ourensáns.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas