GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Os alcaldes das grandes cidades apoian o veto á emigración nas municipais

(30/04/2010)

Os alcaldes das grandes cidades apoian o veto á emigración nas municipais

O alcalde de Pontevedra defende que a diáspora non participe en ningunha elección 


ROSA PRIETO - A Coruña.  É lóxico que os emigrantes decidan quen goberna un municipio? Os alcaldes das cidades galegas teñen claro que non. Por razóns de veciñanza, aseguran, son os residentes no municipio os que deben participar nos comicios locais. E menos sentido ten, segundo advirten, que decidan os fillos e netos de emigrantes que nunca pisaron o concello. Con estes argumentos, os rexedores de urbes galegas, salvo o de Lugo, José Clemente Orozco, manifestan o seu apoio á reforma do voto exterior acordada o mércores no Congreso. A previsión é que os emigrantes xa non poidan votar as eleccións municipais do próximo ano.
"Non pode quitarse un dereito que recoñece a Constitución". Así de tallante manifestouse Orozco desmarcándose da postura do seu partido. "Que se busquen fórmulas adecuadas para garantir a legalidade do voto exterior, pero sen quitar dereitos", reclama.
Foi a excepción. Os outros seis alcaldes sumáronse ás voces críticas co sufraxio da diáspora. Para o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, esta restrición é "un paso que xa se debería dar" xa que "a Constitución especifica claramente que os alcaldes deben ser elixidos polos veciños, é dicir aqueles que están empadroados no seu lugar de residencia, non os orixinarios ausentes". Na mesma liña pronunciouse o rexedor de Ferrol, Vicente Irisarri, que limitou o voto nas municipais aos residentes no concello, xa que "o coñecemento da realidade local dos emigrantes non é equiparable á que teñen os propios veciños".
Máis parco en palabras, foi o alcalde da Coruña, Javier Losada, que se limitou a manifestar o seu "respecto" polo acordo alcanzado na reforma electoral.
Para o alcalde de Ourense, Francisco Rodríguez, as municipais son unhas eleccións "de proximidade". "Emigrantes, fillos e netos que levan tantos anos fóra, pouco teñen que ver coas necesidades ou coa realidade do seu pobo", cuestionou. Desde Vigo, Abel Caballero cualificou de "acertado" que os alcaldes "decídanos as xentes que permanecen nas cidades". Aínda que dixo ter "un enorme agarimo" aos emigrantes da cidade olívica, sentenciou que nas municipais "deben votar as persoas que viven na cidade".
O máis crítico co voto exterior foi o alcalde de Pontevedra, Miguel Fernández Lores, que defendeu que os emigrantes e os seus descendentes sexan excluídos de todas as eleccións. "Non ten sentido que voten porque non están no territorio e unha alta porcentaxe non pisou o concello nunca", cuestionou.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas