GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

As Conferencias Episcopais traballarán para que a inmigración sexa vista como ´algo positivo´

(29/04/2010)

As Conferencias Episcopais traballarán para que a inmigración sexa vista como ´algo positivo´
Desde onte celébrase en Málaga o oitavo Congreso de Migracións

EUROPA PRESS O Consello de Conferencias Episcopais de Europa (CCEE), que organiza desde onte en Málaga o VIII Congreso de Migracións, comprometeuse hoxe a traballar para que a inmigración sexa percibida como algo positivo na carta de agradecemento que enviou ao Papa Benedito XVI.

A misiva, asinada polo vicepresidente do CCEE, monseñor Josip Cardenale Bozanic; o presidente da Comisión de Migracións da CCEE e bispo de Sigüenza-Guadalaxara, monseñor José Sánchez González; e o presidente do Pontificio Consello para a Pastoral dos Emigrantes e Itinerantes, monseñor Antonio Maria Veglio, mostra ao Pontífice a gratitude e a proximidade espiritual dos participantes no congreso.

Ademais, tamén afirman que as migracións é un feito que "interpela de modo particular aos cristiáns para desenvolver un rol activo no proxecto de acollida e integración, promovendo a cooperación nos distintos ámbitos da política e a economía, nas estruturas de formación e asistencia, e nos organismos que tutelan a dignidade o migrante".

Finalmente, recalcan que os inmigrantes son "un recurso precioso para o desenvolvemento da familia dos pobos, grazas á potencialidade humana, espiritual e cultural da que cada un é depositario".

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas