GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

A Secretaría de Estado de Inmigración e Emigración avoga pola loita diaria a favor da non discriminación

(29/04/2010)

A Secretaría de Estado de Inmigración e Emigración avoga pola loita diaria a favor da non discriminación

Efe

A Secretaría de Estado de Inmigración e Emigración avogou polo compromiso e a loita diaria a favor da eliminación de todas as formas de discriminación, e subliña que non hai que esquecer que o dereito á non discriminación é un dereito fundamental garantido pola Constitución.

Con motivo da conmemoración mañá do Día Internacional contra a Discriminación Racial, a citada Secretaría de Estado sinala que non quere que a repulsa contra todo acto de discriminaciónc se  faga patente só con ocasión da celebración desta efeméride, "senón que avoga polo compromiso e a loita diaria a favor da eliminación de todas as formas de discriminación".

"Consideramos que expresando a nosa reprobación cara a calquera manifestación racista, as Administracións Públicas, as Organizacións Sociais e todos os cidadáns e cidadás estamos xogando un papel fundamental e activo na formación dunha sociedade futura máis xusta e cohesionada", indica nun comunicado difundido hoxe.

Neste sentido, sinala que desde o Goberno un dos retos en políticas migratorias ten que seguir sendo a integración das persoas estranxeiras que residen en España "e que se converteron en protagonistas dunha nova realidade social".

"Queremos que a celebración deste día sirva para que manteñamos unha actitude permanente de rexeitamento e alerta ante calquera tipo de discriminación", conclúe.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas