GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

A Secretaría de Emigración achega 25.000 euros para o mantemento da Oficina de Información dos galegos en Cuba

(29/04/2010)

A Secretaría de Emigración achega 25.000 euros para o mantemento da Oficina de Información dos galegos en Cuba
A través dun convenio asinado polo secretario xeral, Santiago Camba, que se reuniu con representantes das 49 sociedades de emigrantes no país

A Xunta destina 180.000 euros a mellorar a atención sociosanitaria dos galegos en Venezuela


O secretario xeral de Emigración da Xunta de Galicia, Santiago Camba Bouzas, asinou o mércores 28 de abril na Habana un convenio de colaboración coa Federación de Sociedades Galegas de Cuba destinado a manter o funcionamento da Oficina de Información e Asesoramento dos galegos en Cuba.



En virtude do acordo rubricado, o Goberno galego achegará neste ano 2010 unha partida de 25.000 euros para garantir a continuidade dos servizos de información e asesoramento que esta Oficina vén prestando a todos os integrantes da comunidade galega en Cuba.

Coa firma deste convenio, a Secretaría Xeral de Emigración cumpre co seu labor de crear, manter e coordinar, nas cidades do exterior cun número destacado de residentes galegos, unidades de atención e asesoramento nos centros galegos. O número de galegos que residían en Cuba a 1 de decembro de 2009 era de 14.729 persoas, o que o sitúa entre os dez países con maior número de galegos residentes.

A Oficina de Información dos galegos de Cuba está adscrita á Federación de Sociedades Galegas de Cuba, entidade que aglutina a un total de 46 colectividades. Dispón de importantes instalacións e constitúe o centro galego máis importante de Cuba, tanto polo número de persoas que acolle como polos programas que realiza a favor dos emigrantes e dos seus descendentes.

A Oficina ten como finalidade a realización de actividades de información, difusión, asesoramento e outras actividades complementarias da xestión de todo tipo de programas e accións que desempeña anualmente a Secretaría Xeral de Emigración da Xunta.

Tras a firma deste convenio de colaboración, o secretario xeral da Emigración, Santiago Camba, mantivo unha reunión cos representantes das 49 sociedades galegas de Cuba.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas