GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

O adeus da Fundación Galicia Emigración

(23/04/2010)

O adeus da Fundación Galicia Emigración

REDACCIÓN
Foi creada no ano 2002 pola Xunta de Manuel Fraga para envorcarse na axuda aos emigrantes, tanto aos que vivían no exterior como aos que retornaban á comunidade.Oito anos despois, tamén unha Xunta do PP decidiu que chegou o momento de botar o peche á Fundación Galicia Emigración. Os argumentos empregados polo actual Executivo para decidir a súa supresión son que non resulta para nada eficiente. Os números parecen concluíntes. O seu orzamento para este ano é de 1,8 millóns de euros,pero ten reservados 529.000 euros -o 30%- para gastos de funcionamento e servizos externos. Así que a Xunta optou por integrar as súas funcións na Secretaría Xeral de Emigración e desembarazarse da estrutura da fundación. "Ese orzamento asignado agora a gastos de funcionamento poderase destinar a reforzar os programas de atención á emigración", sosteñen fontes do Goberno galego. Pero como ao resto de entes e organismos autónomos que desaparecerán, a Xunta non lle pon prazo para a súa eliminación. Será un proceso que se desenvolva ao longo da lexislatura. A tarefa da Fundación Galicia Emigración foi principalmente a de asistir aos galegos da diáspora en situación de penuria ou risco de exclusión social,pero tamén as de analizar os movementos migratorios, axudar aos retornados, contribuír á reinserción laboral ou pór en valor o patrimonio cultural posto en pé pola emigración galega.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas