GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Seminarios de baile, música e cociña galega 2010

(22/04/2010)

Seminarios de baile, música e cociña galega 2010

A Secretaría Xeral da Emigración, co obxectivo de potenciar os costumes e tradicións galegos, convoca os distintos programas formativos de baile, música tradicional e cociña galega.

Nome do programa

Seminarios de baile, música e cociña galega 2010

Destinatarios 

Poderán solicitar a organización destes seminarios as entidades galegas que teñan recoñecida a galeguidade ou a súa condición de centro colaborador, así como as asociacións inscritas no Rexistro de Comunidades Galegas ou ben unha agrupación, federación ou unión destas entidades, co fin de poñer en común os medios e recursos dispoñibles.

Características

Programas convocados

Programa de baile, música tradicional galega e outros que desenvolvan actividades artesanais tradicionais de carácter sociocultural. Este programa constará das seguintes modalidades:

-Seminarios de baile.

-Seminarios de gaita.

-Seminarios de percusión.

-Seminarios de pandeireta e canto.

-Seminarios de carácter artesanal en función das propostas presentadas polas entidades.

Programa de cociña galega. Este programa consta dunha única modalidade:

-Seminarios de cociña galega.

Prazo de presentación

Ata o 24 de Maio de 2010

Lugar de presentación

  • Secretaría Xeral da Emigración (rúa Basquiños, 2, 15704 Santiago de Compostela-A Coruña)
  • Delegación da Xunta de Galicia de Bos Aires (República Arxentina)
  • Delegación da Xunta de Galicia en Montevideo (Uruguai)
  • ou en calquera dos lugares previstos no artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Resolución

Resolución do 14 de abril de 2010, da Secretaría Xeral da Emigración, pola que se regulan e proban as bases para o desenvolvemento de seminarios de baile, música e cociña galega en colaboración coas entidades galegas do exterior, e se procede a súa convocatoria para o ano 2010.

Convocatoria

Diario Oficial de Galicia Nº74, Mercores 21 de Abril de 2010.

Promovido por

Secretaría Xeral da Emigración

Ano

2010

Documentación

Formulario de solicitude online dos seminarios de baile e música tradicional galega (*)

Formulario de solicitude online dos seminarios de cociña galega (*)

* Permite cubrir os datos directamente sobre o formulario e a continuación imprimir o documento. Nota: Se gardas o documento perderanse todolos cambios realizados.

Data de publicación

21 de Abril de 2010

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas