GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Axudas e subvencións destinadas aos grupos folclóricos nos actos do V Día da Galicia Exterior 2010

(22/04/2010)

Axudas e subvencións destinadas aos grupos folclóricos nos actos do V Día da Galicia Exterior 2010

Coincidindo coa celebración en Santiago de Compostela dos anos santos xubilares, a Xunta de Galicia, a través da Secretaría Xeral da Emigración, convoca as comunidades galegas do exterior a participaren nunha manifestación en que se materialice a súa realidade e importancia.

Nome do programa

Axudas e subvencións destinadas ás entidades galegas no exterior para a participación dos seus grupos folclóricos nos actos do V Día da Galicia Exterior, que se celebrará en Santiago de Compostela no ano 2010.

Destinatarios

 Poderán ser beneficiarios das axudas establecidas para este programa as entidades galegas que teñan recoñecida a galeguidade. Tamén poderán participar aquelas institucións e asociacións sen fins de lucro, radicadas fóra de Galicia, legalmente constituídas e que contribúan a favorecer a difusión e preservación do patrimonio cultural galego, que conten con grupos de música, canto ou danza tradicional galega propios, que demostren actividade continuada nos últimos tres anos

Características

 Esta resolución abrangue as bases reguladoras e a convocatoria para o exercicio 2010 das xudas e subvencións destinadas ás entidades galegas no exterior para a participación dos seus grupos folclóricos no festival que se celebrará dentro dos actos do V Día da Galicia Exterior. Tendo en conta que é preciso adoptar medidas que reforcen a participación da emigración en actividades sociais e culturais , o obxectivo desta convocatoria é implicar e facer partícipes os colectivos de galegos residentes no exterior en convocatorias que fomenten a súa integración coa Galicia territorial.

Prazo de presentación

 Ata o 22 de Maio de 2010.

Lugar de presentación

As solicitudes de axudas e subvencións dirixiranse ao órgano competente: Secretaría Xeral da Emigración (rúa dos Basquiños, 2, 15704 Santiago de Compostela, A Coruña, España),

Resolución

 Resolución do 14 de abril de 2010, da Secretaría Xeral da Emigración, pola que se establecen as bases reguladoras e se convocan as axudas e subvencións destinadas ás entidades galegas no exterior para a participación dos seus grupos folclóricos nos actos do V Día da Galicia Exterior, que se celebrará en Santiago de Compostela no ano 2010.

Convocatoria

 Diario Oficial de Galicia Nº 74, Mércores 21 de Abril de 2010.

Ano

 2010

Documentación 

Formulario de solicitude online  (*)

Formulario xustificación do gasto realizado (*)

Declaracións na fase de xustificación (*)

* Permite cubrir os datos directamente sobre o formulario e a continuación imprimir o documento. Nota: Se gardas o documento perderanse todolos cambios realizados.

Data de publicación

21 de Abril de 2010

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Marzo 2024
LMMeXVSD
    123
45678910
11121314151617
18192021222324
25262728293031
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas