GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

A papeleta da emigración

(22/04/2010)

A papeleta da emigración
O Consello de Estado defende o veto nas municipais para os fillos e netos de emigrantes que nunca estiveron en Galicia


R. P. | A Coruña Veto só nas municipais. Esa parece ser a última liña de traballo de socialistas e populares na subcomisión do Congreso que debate a reforma electoral e que acordou ampliar as conversacións ata xuño. Polo menos así o deixou entrever antonte a vicepresidenta primeira, María Teresa Fernández de la Vega. Agora a dúbida está en se as restricións nas municipais será a todos os emigrantes e os seus descendentes ou se se establecerán requisitos para a participación nestes comicios, nos que o voto é rogado. É dicir, o español no exterior non recibe a documentación electoral senón que debe solicitar a papeleta se quere votar. De aí, a participación residual nas municipais -apenas un 5%-.

Tal e como adiantou A OPINIÓN en marzo do ano pasado, o Goberno tomou como punto de partida para as negociacións da reforma do voto emigrante un informe do Consello de Estado. Nese documento, o órgano asesor consideraba "discutible" a participación da emigración nas municipais. Con todo, o Consello de Estado admite as "dificultades" que suporía cambiar o réxime electoral vixente que permite aos españois residentes no exterior votar en todas as convocatorias electorais. "Non ten a mesma transcendencia a renuncia a recoñecer o dereito de sufraxio aos emigrantes nas eleccións locais (como sucedeu noutros países) que a posta en marcha dunha reforma para derrogar este dereito xa recoñecido", recolle o informe do órgano consultivo. Por este motivo, propón establecer a "esixencia dunha vinculación efectiva" co municipio no que o emigrante está censado "plasmada en que non transcorra un período de tempo determinado desde que o abandonou". De entrada, esta proposta deixaría fóra das municipais os fillos e netos de emigrantes que nunca estiveron en Galicia. Sobre os emigrantes, o Consello de Estado defende que quen voten nas municipais do país de residencia non poidan votar nas locais de España. A subcomisión ten agora ata xuño para decidir se ese veto nas municipais é para todos os emigrantes ou se fixan condicións.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas