GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

O ESCRITOR MANUEL LOSA PRESENTA O LIBRO "Catro Historias de Emigrantes"

(21/04/2010)

O ESCRITOR MANUEL LOSA PRESENTA O LIBRO "Catro Historias de Emigrantes"
Por Federación de Sociedades Galegas | Abril 19, 2010



A Federación de Asociacións Galegas da República Arxentina e a Biblioteca Galega de Bos Aires invitan á comunidade á presentación do libro "Catro Historias de Emigrantes", do escritor galego Manuel Losa Rocha, o vindeiro venres 23 de abril, a partir das 20, no Salón Arturo Cadrado, situado no primeiro piso de Chacabuco 955, da Cidade Autónoma de Bos Aires.

Do acto tomarán parte o académico galego e director Xeral da Editorial Galaxia, Víctor Fernández Freixanes, quen visita o noso país para participar da XXXVI Feira Internacional do Libro de Bos Aires, xunto co historiador e responsable da área de investigación do Museo da Emigración Galega (MEGA), Ruy Farías.

O texto de Losa narra catro historias de vida de emigrantes galegos residentes en Arxentina e Uruguai, onde se pode observar a experiencia desenvolvida por Antón Crestar Faraldo e Xosé Lage Sierra ("Pepe Montoya"), ambos moi ligados aos centros culturais e á política na diáspora; e de Eduardo Martínez Filgueira e Isidoro Manuel García García, que ofrecen unha visión da emigración na súa faceta netamente laboral.



Duas das historias que conta no seu libro este escritor, oriúndo de Santiago de Compostela e residente en Uruguai desde fai máis de medio século, desenvólvense na década do ´50 -as de Isidoro García e de Eduardo Martínez-, mentres que as restantes son de épocas anteriores e están vinculadas aos movementos galeguistas e republicanos.

A pesar de que as historias son diferentes, "teñen en común a vida sacrificada" e o sentimento permanente que "todos levan a Galicia no corazón e na mente", afirmou o escritor, quen ademais é un recoñecido libreiro e editor en Montevideo.

O libro de Manuel Losa Rocha (poden visitar o seu blog http://losarocha.wordpress.com/ ) foi editado por Galaxia e integra a colección "Memoria".

A cita é o vindeiro venres 23, desde as 20, no Salón Arturo Cadrado, situado no primeiro piso da entidade, Chacabuco 955, barrio de San Telmo.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas