GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Ponteareas é o cuarto municipio da provincia con máis estranxeiros censados

(20/04/2010)

Ponteareas é o cuarto municipio da provincia con máis estranxeiros censados
Sitúase detrás de Vigo, Pontevedra e Vilagarcía de Arousa

Inmigrantes en el curso de español de Cruz Roja en Ponteareas. // D.P.

 

 

 

 

 

 

 

Inmigrantes no curso de español de Cruz Vermella en Ponteareas. // D.P.

VERÓNICA PALLEIRO - PONTEAREAS Dos 23.172 veciños censados no Concello de Ponteareas, 1.323 son inmigrantes; un dato que converte á Vila do Corpus no cuarto municipio da provincia de Pontevedra con maior número de persoas estranxeiras rexistradas, o 5,7% do total. Son datos do censo municipal e da Secretaría Xeral de Emigración da Xunta.
Na cabeza está Vigo con 17.108 inmigrantes censados, o 5,7%; en segundo lugar sitúase Pontevedra con 9.390 estranxeiros rexistrados, o 4,1% do total; e en terceiro lugar sitúase Vilagarcía de Arousa con 1.641 inmigrantes censados, o 4,4% da súa poboación total.
Respecto á orixe dos 1.323 estranxeiros que residen en Ponteareas, máis do 50% procede do continente americano. Con todo, a nacionalidade máis asentada na Vila do Tea é a portuguesa; en Ponteareas habitan 421 nativos de Portugal. Por nacionalidades, séguenlle os brasileiros cun total de 229 residentes; e en terceiro lugar sitúanse os colombianos con 180 veciños. As demais nacionalidades non alcanzan a centena.
Condado-Paradanta
Se seguimos desprazándonos pola comarca, Salvaterra, con 9.293 habitantes, rexistra 564 estranxeiros entre os seus veciños, o que, en termos porcentuais, sería unha cifra maior que a ponteareá, o 6% do total; neste caso a gran maioría, 381, proveñen a países da Unión Europea, principalmente de Portugal debido á súa proximidade.
Pola súa banda, A Cañiza, con 6.583 habitantes rexistra 167 emigrantes o que se traduce só nun 2,5% da cifra global; neste caso, case un centenar proveñen da Unión Europea.
En cuarto lugar deste ranking sitúase Covelo que con 3.399 veciños alberga a 137 emigrantes, o que constitúe o 4% da súa poboación total; a práctica totalidade deles, 132, chegaron procedentes de países da Unión Europea.
Arbo, con 3.833 habitantes, contabiliza a 103 estranxeiros, o 20,7% do total; 76 da UE e 23 do continente americano. No que respecta ás Neves, de 4.466 veciños, alberga a 122 emigrantes, o 2,7% do total; 95 da Unión Europea.
Crecente, de 2.596 habitantes, contabiliza 106 estranxeiros, o 4% do total; 100 deles da Unión Europea. Mondariz, de 5.259 habitantes, conta con 72 estranxeiros, o que supón a porcentaxe menor de toda a comarca, un 1,4% do total; 46 deles da UE e 23 de países americanos. Para rematar, Mondariz Balneario, de 726 veciños, contabiliza 27 estranxeiros, o que constitúe o 3,7% do total.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas