GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Josep Rafús edil de participación cidadá de vic

(16/04/2010)

Josep Rafús edil de participación cidadá de vic "A inmigración non é un problema, é unha cuestión de orde"

REPORTAXE DE M.R.N.

Alonso, Rafús e Moura exporán o caso de Vic hoxe en Arteixo javier alborés
O concelleiro de Participación Cidadá de Vic, Josep Rafús; e as técnicos do mesmo Concello, Noemí Alonso e Fabiaola Moura exporán hoxe no Froxel o modelo de integración que están desenvolvendo no municipio catalán.
Vic saltou aos medios fai uns meses pola intención de non empadroar aos inmigrantes irregulares e a continuación por asegurar que denunciarían á Subdelegación do Goberno aos que chegasen sen os papeis en regra. "Nós non denunciamos", responde Rafús e engade que o Concello "sempre empadroou aos inmigrantes" e que o que fan é cumprir coa directiva marco europea (desenvolvida xa por España) na que hai que pór en coñecemento da administración competente estes expedientes para que opte por "regularizalos ou expulsalos", para que non entren nunha "franxa gris", na que non "teñen dereito a traballo ou a vivenda".

A inmigración (en Vic conviven 97 nacionalidades que representan o 20% da poboación) "non é un problema, é unha cuestión de orde", afirma. "Non nos gustaría que ocorrese o mesmo que en Francia fai un ano".

Para evitar un conflito social, o Concello de Vic desenvolve unha serie de iniciativas transversais que van dirixidas a mozas, mulleres e maiores, sen distinguir entre inmigrantes e vigatanos, apunta Alonso, porque inmigrantes "hai en todos estes sectores".

Ademais, fai un ano, subliña Rafús, crearon unha Oficina de Acollida, pola que "ten que pasar todo o mundo, veña de onde veña" e a través da cal explícanse os servizos públicos aos que poden acceder, os costumes e ata se realizan visitas aos principais museos e ao consistorio por colectividades.

Desenvolveron dous plans de barrio. No caso do Sud -onde se concentra o maior número de estranxeiros-, a resposta cidadá significou un incremento de participación nas asociacións veciñais. Ata rodaron unha película ao estilo Bollywood (dado que se realizou nun lugar cunha porcentaxe elevada de poboación hindú) e na que se mesturaron tradicións de Vic. A intención destes plans é unha actuación integral por zonas: desde unha mellor urbanización das rúas, a reordenación do tráfico, a construción de centros sociais, ampliación de beirarrúas..., así como os plans sociais con multitude de actividades.
   

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Marzo 2024
LMMeXVSD
    123
45678910
11121314151617
18192021222324
25262728293031
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas