GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

[Zaragoza] Encontro Alternativo polos Dereitos dos Inmigrantes "Aquí non sobra ninguén"

(09/04/2010)

[Zaragoza] Encontro Alternativo polos Dereitos dos Inmigrantes "Aquí non sobra ninguén"
[15-18 Abril de 2010] Ante o cume de ministros de inmigración da UE: ¡Todas/os a Zaragoza! Encontro Alternativo polos Dereitos dos Inmigrantes "Aquí non sobra ninguén"

www.kaosenlared.net/noticia/zaragoza-encontro-alternativo-dereitos-inmigrantes-aqui-non-sobra-nadi

Os días 15 e 16 de abril os ministros de inmigración dos países que conforman a Unión Europea reúnense en Zaragoza para falar de inmigración. A axenda destas reunións mostra a súa intención de intensificar as políticas de fronteiras e exclusión que durante estes últimos anos causaron dramáticas consecuencias tanto nas costas do noso país como tamén, e cada vez máis, nas nosas cidades.

Non é ese cume o único lugar no que se vai a falar de inmigración estes días, nin son as políticas de fronteira dos gobernos europeos as únicas políticas de inmigración que se van a construír neses mesmos días en Zaragoza.

Distintos colectivos, redes e asociacións organizamos unha serie de eventos para denunciar a intolerable política de inmigración da UE, e para construír políticas alternativas mediante a creación de alianzas entre persoas migrantes e autóctonas dando impulso a formas novas de autoorganización social e prácticas de investigación e enunciación colectiva ao redor da realidade da inmigración e á esixencia da plena igualdade de dereitos para todas as persoas.

É desde estas experiencias sociais e políticas desde as que che convocamos a participar no noso programa de eventos e a usar espazos de reflexión e denuncia para formar unha opinión non instrumentalizada sobre a realidade inmigrante e interpelar de forma critica a política perversa de inmigración da UE.

Achegamos un programa de actividades durante eses días



Máis información en:

www.zaragozasinfronteras.tk

www.rednofronteras.org

http://alternativazaragoza.wordpress.com

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Marzo 2024
LMMeXVSD
    123
45678910
11121314151617
18192021222324
25262728293031
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas