GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Feijóo urxe a implantar o voto emigrante en urna e o voto por correo rogado

(09/04/2010)

Feijóo urxe a implantar o voto emigrante en urna e o voto por correo rogado


08/04/2010 - AGN

O ''mínimo irrenunciable'' que se ha de implantar en materia de voto emigrante é a esixencia de que o sufraxio emita de forma ''presencial en urna'' e de que ''o voto por correo sexa sempre rogado''. Así o considera o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, quen urxiu a implantar estas reformas ''fundamentais'' antes de que se celebren outros comicios.

Ao ser preguntado sobre os cambios que se están estudando no Congreso dos Deputados, o dirixente autonómico apuntou estas dúas propostas como prioritarias e urxentes. A partir de aí, aseverou, ''paréceme razoable que se faga unha reflexión sobre a posibilidade de votar a alcaldes e municipios que non se coñecen''. Tamén, no referente ás comunidades autónomas e o propio Estado.

Segundo Feijóo, a situación do voto emigrante é ''unha materia pendente da democracia española'' e defendeu ''un novo modelo de voto exterior''. Así, asegurou que non pode volver darse un caso no que ''case'' o presidente do Goberno galego ''se decide en sacas de correos'' que chegan desde o exterior.

En todo caso, rehusó pronunciarse sobre unha idea que se baralla de limitar a participación da emigración ao Senado. ''Eu pronunciareime cando haxa unha proposta'', explicou o dirixente autonómico, quen acusou ao PSOE de aplicar ''unha dobre linguaxe'' neste tema. ''Dicir que se propón a limitación do voto emigrante e criticar a limitación'' é o que, ao seu entender, están facendo os socialistas neste momento.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas