GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

A Casa de España en Chimbote supera a súa crise co apoio malpicán e volve abrir as súas portas

(07/04/2010)

A Casa de España en Chimbote supera a súa crise co apoio malpicán e volve abrir as súas portas

Autor:
La Voz
Data de publicación:
7/4/2010

As Casa de España en Chimbote (Perú) estivo a piques de desaparecer. A entidade atesoura unha longa historia vinculada á emigración española e, en especial á de Malpica. Foron centos os veciños do municipio da Costa da Morte que emigraron a esa cidade nos anos 50 e 60. Unha boa parte regresou hai tempo, pero aínda quedan alí algúns fillos e netos de emigrantes.

A Casa de España converteuse durante moitos anos no punto de encontro de toda aquela man de obra vinculada á pesca. O retorno masivo a España, nos anos 70, dos que se foron alá 20 anos antes non supuxo o peche da institución, que seguiu funcionando fundamentalmente como restaurante. Con todo, a xestión do centro, explica Luis Novo, fillo de emigrantes a Chimbote e malpicán, acabo levándoo ao bordo da quebra.

A asociación acumulaba débedas cos traballadores e co Ministerio de Traballo peruano. Ademais, o inmoble atopábase en mal estado e necesitaba obras de reforma urxentes para poder seguir coa actividade.

Un grupo de fillos de emigrantes regresaron a Perú hai un tempo, entre eles Luis Novo, para tratar de pór orde na Casa de España. Tras diversas xestións, conseguiron que un empresario neto de españois asumise a dirección e as débedas. Tras as obras, volveu abrir as súas portas o pasado día 30 de marzo.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Marzo 2024
LMMeXVSD
    123
45678910
11121314151617
18192021222324
25262728293031
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas